Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O 'desterro' de C. Gurméndez

lunes, 13 de julio de 2015
Acaba de celebrarse a 18ª edición do Curso Gurméndez de Pensamento Contemporáneo, que organiza desde fai outros tantos anos o Club de Prensa de Ferrol coa colaboración do Campus de Ferrol da Universidade da Coruña. Tivo boa matrícula e bo nivel. Trátase dun curso que se caracteriza pola actualidade dos seus contidos, nesta ocasión a "Filosofía do desencanto", baixo o subtítulo da "desmoralización social".

A alma mater desta actividade foi o recentemente falecido Luís Mera que nos últimos días da súa vida remataba a pasada edición cos seus colaboradores alí, en coidados paliativos do Hospital Naval. Xenio e figura...Foi moi lembrado na sesión inaugural.

Precisamente, con este post quero facer un desagravio póstumo a Mera Naveiras que sufriu fai uns catro anos o revés do Concello de Pontedeume ao negarse o goberno municipal de entón a continuar co curso. Vivín e compartín ao seu lado o desgusto. O rexedor eumés díxonos que morto o matrimonio Carlos Gurméndez-Emilia Patiño xa non tiña sentido seguir coa actividade e que no seu lugar levaría a cabo unha actividade parecida dándolle o nome do fillo da vila, o poeta Ramiro Fonte. O último curso celebrouse na fermosa vila mariñeira fai catro anos. E, ao día de hoxe, nin Gurméndez nin Ramiro Fonte. Posteriormente, a Universidade acolleu a iniciativa no seu paraninfo, dando relevo ao convento de San Agustín da mencionada localidade.

Digo que foi un revés porque Pontedeume foi o berce natural do Curso por ser (Centroña) o lugar no que o filósofo e xornalista pasaba longas tempadas e no que inspirou boa parte da súa obra sobre as paixóns e os sentimentos. Tal é así que o propio Concello, cunha corporación anterior, nomeouno fillo adoptivo e erixiulle un monólito nun miradoiro visible da vila, ademais de converterse no depositario da obra que aínda permanece almacenada ou quizais arrumbada no chamado Chalé Rosa.

Só a cortedade de miras, unha acendrada miopía política e talvez a influencia dalgúns detractores na sombra das actividades do Club de Prensa pode xustificar o "desterro" de Gurméndez da vila eumesa, que todos os veráns polo mes de xullo, proxectaba o seu nome en medios nacionais e internacionais, ademais de ter a honra de ser o anfitrión de importantes personalidades españolas dos diversos campos do saber. Así se escribe a historia, en ocasións con estas pobrezas de espírito, pero eran esas adversidades as que facían crecerse a Luís Mera e aos que o rodeabamos. Tiñamos e temos claro que a vida é un camiño de rosas e espiñas. Celebrado xa o 18º Curso Gurméndez, xa se pensa no 19º, baixo a coordinación da profesora e historiadora Esperanza Piñeiro de San Miguel, brazo dereito de Mera Naveiras en edicións anteriores, que ten todo baixo control e que se converte na garantía de continuidade da actividade.
Castro, Man
Castro, Man


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES