Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¿A que xogan algúns Bancos?

lunes, 05 de junio de 2006
En Galicia Dixital o pasado 22 de maio recibimos un e-mail de Caja Madrid como cliente de Banca en Linea indicando que o seu departamento de antrifraude ten desenvolvido un novo sistema de seguridade que “elimine calquera posibilidade de acceso de terceiras persoas ós nosos datos, contas nin fondos”, sendo para nós obrigatorio o uso deste sistema e aconsellándonos que introduzamos a nosa pregunta secreta e a súa resposta da conta canto antes.

Pero nós non somos clientes de Caja Madrid.

O mesmo 22 de maio, recibimos correo do Banco Español de Crédito sinalando que o servidor bancario tivo un fallo durante o mantemento do sistema e causou unha perda parcial de datos de varios clientes. Pídennos que “pinchemos no link de máis abaixo e recheemos os datos que nos pida o formulario”, tendo en conta que se non o facemos en 14 días a conta será suspendida temporalmente”.

E nós, non somos clientes de Banesto.

O 31 de maio, recibimos mensaxe de Open Bank indicando que diante de determinados problemas técnicos, algúns clientes non puideron usar a súa conta polo que “nos rogan confirmar os datos para o acceso on-line”. Nunca tivemos conta en Open Bank.
E en fin, o 1 de xuño, o Banco Santander Central Hispano dinos que despois dun “funcionamento inestable e frecuentes intermitencias” teñen renovado as súas instalacións bancarias e piden verificacións dos nosos datos.

Tampouco con este Banco temos relación comercial.

¿É posible que catro bancos estean a xogar co correo electrónico? ¿Son interferencias delictivas provocadas por alguén interesado en crear unha situación caótica?.

É extraña a coincidencia de catro mensaxes case iguais pedindo datos bancarios, e que ninguén advirta publicamente da súa existencia.

Alguén está a xogar co correo electrónico. Pero as catro entidades afectadas – Caja Madrid, Banesto, Open Bank e Banco Santander Central Hispano – deberían ter falado no caso de non ter nada que ver co tema.

Se nada teñen dito, ¿A que xogan?.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES