Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lembranzas dunha vida (68)

miércoles, 08 de julio de 2015
Cando nacían os nenos, na Galicia do século XX

Como teño moitos anos, tamén recordo moitas cousas. Os matrimonios tiñan moitos fillos. Cando nacía un neno, como non había moita abundancia nas casas, compraban lenzo, batista, que era de color azul ou rosa.

Antes, non había roupa feita. Viñan as costureiras pola casa para facerlles camisiñas. De moletón, facíanse panos para envolvelos. Dos trapos que quedaban das camisas usadas, facíanse os cueiros. Os berces tiñan os xergóns de pluma de maínzo. Os nenos mamaban o peito moito tempo. Isto era o mellor que tiñan os nenos daquela época.

As nais, para parir, poñíanse no peor sitio da casa. Eu mesma nacín na corte das vacas, segundo miña nai. Así, non se manchaba a cama. A penas viña o médico. As veciñas, que xa tiveran fillos, facían de parteiras. Algunhas nais quedaron no camiño. Hoxe, hai moitos adiantos. Pode haber un fallo, pero todo é máis doado.

Logo de parir, ás nais matábanlles a mellor galiña. Poñíase a cocer no lume. Despois, tomaban a sustancia, cousas quentes; dicían que limpaba o corpo. Non podía tomar cousas frías, nin traballar. Dicían que, durante un mes, tiña a tumba aberta. Así que, coidar o neno, descansar e comer ben. Tamén tiña moitas visitas. Era costume levarlle á parturienta chocolate, ovos, manteiga, pan de trigo, ata viño doce. Era unha tempada de descanso, que falta lles facía. Saían moi guapas.

Un saúdo ás mamás de antes e ás de agora.Lembranzas dunha vida (68)
Rodríguez Cabanas, M. Francisca
Rodríguez Cabanas, M. Francisca


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES