Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lembranzas dunha vida (67)

miércoles, 01 de julio de 2015
Recordando a limpadora do centeo e do trigo en Galicia


Despois da malla, viña a limpadora. Ía de casa en casa. O dono da limpadora comía e durmía onde lle cadraba. Recordo vir un señor maior, o señor José. Tiña uns bigotes parecidos aos do pintor Dalí.

A limpadora tiña unha cubeta onde se botaba o gran. Logo, nuns cribos, saltaba. Cunha manivela manual, dábanlle voltas ás aspas que tiña dentro. Así, co vento, saían os restos, pallas, cascas dos cereais.

Por detrás da limpadora, por unhas canaletas, saía o gran limpo. Para este labor, facía falta moita xente. Carretar o gran para limpar, recoller o limpo, para gardalo para todo o ano. Dar á manivela para limpar era duro; facía falta ter forza. Os veciños axudábanse uns aos outros. Eran moi unidos.

A máquina levábana no carro de aira en aira. Así, quedaba o gran para facer pan para todo o ano. O centeo misturábase co maínzo. Así, facía mellor pan. O trigo era para as festas do patrón, para o carnaval, a Pascua e para as festas familiares. Ter pan e patacas en abundancia era xa non pasar fame. Había familias que nin iso tiñan.

As casas medíanse polas vacas que tiñan. Con dúas vacas, facíase pouco esterco. Xa non estaban as terras ben abonadas. Había pouco leite. Non había cuxos para vender. As familias con cinco ou seis vacas xa vivían mellor.
Tiñan máis esterco. As leiras daban máis colleitas. Estaba a familia máis protexida. Neses tempos, había moitos nenos. Ter comida para crialos era un luxo.
Rodríguez Cabanas, M. Francisca
Rodríguez Cabanas, M. Francisca


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES