Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Rancio e Casposo

miércoles, 24 de junio de 2015
Desde o Preguntoiro: Rancio e Casposo


Fai uns días atopei a dous compañeiros que tiveron postos políticos de responsabilidade da “esquerda” bipartidista, inclusive un fora alcalde, estivemos falando deste novo ciclo, doutra forma de facer política de candidaturas de unidade. Quedei un pouco abraiado ao escoitar como seguían co mesmo discurso de fai 30 anos, un discurso casposo e rancio sen asimilar o que está a pasar despois das eleccións do 24 M. Ou sexa, máis do mesmo sen facerse sequera unha autocrítica dos erros que cometeron o seu partido e que parece que aínda seguen desde a cúpula facendo un discurso de intentar convencer a todos. Non se pode estar coa maioría e ao mesmo tempo coa minoría, apoiando este sistema que impulsou a reforma laboral, reformar o artigo 135 da Constitución para asegurar o beneficio da banca e esnaquizando a sanidade e a educación para transformalos en negocios.

Estes dous compañeiros, non queren ver a realidade que está aparecendo, unhas mareas de unidade que os seus votantes apoian e se mobilizan para parar as privatizacións e os privilexios dunha minoría que cada vez fanse máis ricos, que estamos ante un réxime esgotado e tratar de trocalo por un novo orde social, soamente escoito destes compañeiros un pouco más do mesmo. Unha mágoa.

Se non fan un esforzo para tratar de apoiar este novo ciclo, deixarse de prepotencias, falta de humildade, escoitar ao pobo e as propostas dos que atópanse á súa esquerda, mal lles vai ir ante a vindeira batalla electoral. O rancio é casposo xa quedou atrás.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES