Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O inxenio e a imaxinación de hoxendía

lunes, 29 de mayo de 2006
Na actualidade temos un desbarate de imaxinación fora do normal, por iso non é nada estraño que emerxera algo tan surrealista como “El Koala”, un cantante do chamado rock “rural”. A súa canción “Opá, voy acé un corral”, un espantallo musical dun calibre de imaxinación neuronal que “manda carallo na Habana” para votar adiante semellante cousa. Pero miren por onde, ás veces estes enxendros musicais son imprescindibles en certos intres para darnos conta do que fai falla nun momento dado, e ser sabedores do que lle fai falla a certos elementos do noso país.

De verdade que fai falla con urxencia un curral, un abondoso curral, só un tan grandeiro onde collan tódolos animais que andan soltos, os especimenes da flora e fauna da España de “castañuelas”. Un curral onde collan moitos alcaldes, asesores urbanísticos, directivos de empresas filatélicas, empresarios dedicados ao tráfico de escravos, responsables das TV. cos seus programas de lixo, os comisionistas de Deputacións, aqueles que nos levaron a unha guerra ilegal, os que se consideran “éstrellas” e están por riba do humano e do divino, os que teñen responsabilidades culturais e fomentan a subcultura. Paro de contar xa que ao mellor pode saír algún que outro “iluminado” (estes son doutra clase de fauna) e pode escornear, e iso non é moi bo para o meu físico.

Para rematala, só fai falla que emerxa un “imaxinario creativo” dos de hoxendía e poña como himno para a selección española de fútbol no vindeiro mundial ese espantallo “Opa, voy acé un corral”. Viva a intelixencia neste país.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES