Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Non é tan fácil cumprir

lunes, 22 de junio de 2015
A semana pasada foi desas nas que me quedei sen temas para este recuncho, nas que me quedei completamente en branco. Entre que non lin os xornais con profundidade (por culpa do intenso traballo que tiven), entre que rematou o fútbol (que sempre é un asunto do que escribo e me gusta escribir) e entre que a política tan só nos deu os raquíticos cambios de Mariano Rajoy no PP (é verdade, a min que me importa!), digo que entre todo iso a miña cabeciña non deu para máis.

Lembro que un día me dixo o director do xornal La Región que admiraba a aquelas persoas que cumprían, practicamente a diario, coa obriga de encher aínda que só fose un recantiño dos xornais, que é moi complicado escribir algo todos os días. Eu, interiormente, case me burlo del porque pensaba nas miñas catro trapalladas que escribo e que, para máis aquel, adoitan ser curtas. Emporiso, algunhas veces, penso se Sechu Pastoriza non tería razón; pois aínda que sexan trapalladas hai que pensar nelas e escribilas. Ás veces non che apetece. Outras non sabes que dicir. E unhas poucas non tes tempo ou estás para o arrastre. Pero os artigos están aí. Si, son un home moi ocupado. Quizais con esperpentos, pero tamén os escribiu Valle-Inclán. Vai por ti, Sechu; e por eses que teñen que cumprir sempre… que non é moco de pavo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES