Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Baixar das nubes

viernes, 26 de mayo de 2006
Festa da Ascensión (28-05-06)

Mandato do Señor Resucitado aos discípulos (¡e a todos nós!) cando se foi á Casa do Pai (Ascensión). O recado:” Galileos, ¿que facedes aí, parados, ollando ao ceo!?” (Feitos, 1,1-11). Nas recomendacións, engade:” Ide ao mundo e proclamade o Evanxeo a toda criatura” (Mar. 16,15-20). Foi o comezo da Igrexa, da misión e responsabilidade de todo cristián, a toma de conciencia da tarefa da Igrexa e da chamada á coherencia.

A tentación de fuxir, de abandonar o terreal, de vivir unha fe “só de xeito vertical”, pietista e individualista, baseada na práctica de normas/ritos...foi algo habitual na nosa Igrexa. O noso non era a terra, senón o ceo. Incluso se promoveu a mística da fuxida (”unha mala noite nunha mala pousada”) ollando cara o ceo e esquecendo a terra. Unha fe triste, chea de medos, desconfianzas e desencanto. Pastoral que durou séculos.

Os apóstolos comprenderon a misión que lles encargou Xesús. Conscientes de que chegara a fin dos encontros co Resucitado era preciso asumir o que lles tiña mandado. Continúan a misión con “palabras e sinais”: Coa palabra (Evanxeo), sacramentos (o Bautismo) e caridade (Amor). Sinais liberadores. Era o momento da Igrexa que nace coa forza do Espírito do Señor que souberon vivir tan ben as primeiras comunidades.

O Vaticano II clarificou ideas. A Ascensión é a invitación a baixar á sociedade e á vida cotiá dos problemas dos irmáns. Deixar as alturas das evasións e das hipocrisías e ''desde abaixo coller o camiño de Xesús dando a man a todos aqueles que, coma nós, traballan por construír a civilización do amor desde o respecto á dignidade da persoa'' (Remol) Deixemos tantas liortas bizantinas e poñámonos a andar. Os cristiáns temos de ser os primeiros en axudar a desbotar do mundo a inxustiza, a mentira, o desamor. Cómpre arrincar as barreiras dos egoísmos representadas nas vallas/muros da morte (Palestina, México, África, Norte/Sur) que no canto de acoller aos máis empobrecidos e famentos mándanlles gardas para protexer privilexios; acabar coas raíces do vergoñento éxodo sur/norte e co fraudulento negocio da escravitude do milenio; recompoñer a familia humana, dividida polos egoísmos e inxustizas; desenmascarar as torres de Babel da confusión montada polos políticos e poderosos para o propio beneficio; e as da anticristiá insolidariedade entre pobos. Quedan muros que derrubar neste inhumano reino do egoísmo, da ruindade e mesmo da absurda estupidez humana.

“A terra é o único camiño que temos, agora e aquí, para ir ao ceo” (P. Charles) Os cristiáns temos de ir, en cabeza, á hora de romper cadeas de inxustiza e morte, de liberar de escravitudes. A fe, a solidariedade, a esperanza, a xenerosidade, a misericordia e o amor/entrega... son as nosas forzas ascendentes. A Ascensión é xa a nosa vitoria.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

O custo de ser vello: Andan os cataláns medio revoltos polo tema da financiación autonómica, loita...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información