Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A relixión

sábado, 13 de junio de 2015
Os anciáns creen máis en Deus cá xente xove por varias causas, a primeira é que na época dos nosos avós críase moito en Deus porque a situación que había no país era bastante mala, pois a economía era moi pobre e nos traballos cobrábase pouco, entón a xente cría en Deus para ter esperanza.

A segunda, é que daquela os curas e mandatarios relixiosos eran moi esixentes e digamos que preferían que a xente fose relixiosa á forza, ademais de que os mandatarios relixiosos daquela época non se preocupaban moito á hora de axudar á xente, cousa que os curas de agora fan moito e preocúpanse moito máis pola ética e cidadanía.

As persoas maiores tiñan algúns ditos como “Fai isto ou senón Deus vaite castigar” . Fai anos cando meus pais eran nenos, os seus avós tiñan unha maneira de entender a relixión distinta á de hoxe en día, case era unha relixión de medo e obrigatoria.
Castro González, Francisco
Castro González, Francisco


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES