Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A penúltima da Once

jueves, 18 de mayo de 2006
A pasada semana falamos da necesidade de que alguén se preocupase de que os que conseguen aforrar o fixesen con seguridade.

As preocupacións de institucións e goberno van por outro lado, e mentras que o do aforro segue estando esquecido cando non penado, foméntase o xogo –a fin de contas, un vicio- como medio de acadar a parcela de felicidade que proporciona a riqueza.

O Estado español ten, desde tempos de Carlos III, a exclusiva da Lotería Nacional, que se leva ilusión por toda España é tamén un excelente mecanismo de recadación para a Facenda pública.

A Once é quizais a segunda forza en canto ó xogo se refire, e un intelixente plantexamento de premios e campañas publicitarias deron horas de gloria e millóns de beneficios a esta entidade benéfica que sobreactuando chegou a ser un emporio mesmo con importante presencia nos medios informativos.

As quinielas xa non son o que eran, aínda que seguen a ser un punto de referencia no século XX por parte dos afeccionados ou non ó Deporte Rey.

E a Primitiva, a Bonoloto, a Quiniela Hípica… todas son ocasións para sucumbir á tentación de xogar, que ten ata vicio propio –a ludopatía- á altura de calquera droga dura das que matan despacio ou drasticamente.

Por se tiñamos poucas, agora o “Rasca” da Once, para completar o panorama. Unha nova idea, que seguro que a Once coloca moi alto, para que participemos nunha lotería instantánea que fai furor nos paises do noso contorno europeo.

Será a penúltima da Once, que nos ten afeitos a unha agresividade pacífica e innovadora que ten conquistado o mercado do investimento en ilusión.

Sería moito máis rendible fomentar o aforro, e moito máis pedagóxico. Pero é moito máis doado facernos xogar. E conseguir, con ese xogo, a seguridade económica duns poucos a cambio de millóns de ilusións que desembocan en millóns de pequenos desenganos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES