Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Observatorio Galego da Convivencia

miércoles, 10 de mayo de 2006
O das novatadas foi un sistema agresivo, ofensivo, criminal, desempeñado polos maiores ou máis antigos sobre os máis pequenos e os máis novos.

Nos centros educativos, nas residencias, nos cuarteis, ese especial acoso facíase notar en palabras, accións ou omisións.

Era algo tan arraigado, tan “tradicional”, tan coñecido que a ninguén extrañaba, nin siquiera ós afectados que afrontaban a situación como algo irremediable.

E chegamos a un tempo novo, máis libre, máis aberto, con información amplísima sobre todo e sobre todos.

E pensamos que non habería lugar a situacións extrañas, extremas, porque a liberdade e a información non ía permitilas.

Pois prodúcense. E agora chámase acoso, e tecnicamente “bullying”, que a Presidenta do Consello Escolar do Estado achaca ó descoñecemento entre profesores e alumnos, e para o que a Consellería de Educación está preparando un “Plan Integral de Mellora da Convivencia Escolar en Galicia”, e vai crear o “Observatorio Galego de Convivencia”.

Este observatorio terá competencia autonómica, haberá catro provinciais, e un en cada centro educativo de Galicia.

Pode ser unha solución ó problema. Porque o tema é máis grave do que parece, e ten xa producido mortes.

Se nos colexios se aprende a vivir, a convivir, non é posible admitir a escala colexial os problemas de orde que poidan existir na sociedade. Porque un Colexio é unha sociedade en pequeno pero perfectamente controlable xa que cada profesor se relaciona cun determinado número de alumnos, e cada profesor non só debe ensinar a súa materia senón aportar a parte alícuota que lle corresponda na súa formación integral.

A solución está na educación. Únicamente na educación. Se o Observatorio Galego de Convivencia é útil, perfectamente. Se nón, haberá que buscar outra solución urxente.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES