Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lembranzas dunha vida (61)

miércoles, 20 de mayo de 2015
Hoxe, vinteoito de xaneiro, San Tirso

Sinto botar os fogos na parroquia de Ambroa. É o San Tirso. Cando era nena, e logo, moza, era un día moi especial para min. Por iso, hoxe, recordo a avoa, tíos, primos. Eramos moi queridos. Nesa casa, pasei momentos bonitos da miña nenez. Tamén aprendín algo da xente maior.

Recordo, un ano, por un patrón, veu un pobre (naqueles tempos, había moitos). Debía ser algo paradiño, pois os cativos rímonos del. O tío, que era irmán de meu pai, rifounos. Alí, comprendín que aquilo non se debía facer.

Aquela casa era como algo meu. Aínda hoxe me di moito, pois teño o primo Nicolás, fillos, neta e bisneto, Nicolasiño. Este estará aí como sucesor de tantos recordos que alí quedaron. O reloxo co seu tan-tan, que non me deixaba durmir polas noites. As cereixas brancas que tanto sabían. Os figos que Nicolás nos traía polo Santiago.

Tamén recordo ir coller as cristas do maínzo con Josefa e Nicolás. Coser coas costureiras. Tanta xente que está por un lado e outro. Tantos recordos, o primo Paco, o primo Eugenio, que para min foron como irmáns.

Un recordo para os que se foron e tamén para os que están, que xa quedamos poucos. Lembranzas dunha vida (61)
Rodríguez Cabanas, M. Francisca
Rodríguez Cabanas, M. Francisca


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES