Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A familia

martes, 12 de mayo de 2015
Para min a miña familia é algo que está sempre aí cando a necesito, apoiándome, guiándome aínda que as veces os consellos que dan non me parecen de todo correctos.

A verdade e que estou contento ca familia que teño e cando nos xuntamos todos, polas festas pasámolo moi ben, porque aínda que é complicado reunir a todos os membros, sempre o logramos.

Gustaríame ter mais tíos e primos como meus pais porque cando están xuntos é moi bonito velos, aínda que agora xa faltan algúns.

O bo de ter unha familia é a inmensidade de momentos felices que che aportan durante toda a túa vida, porque por moitos malos momentos que teñas, os que sempre se recordan son os bos.

O malo de tela son, as veces que choras por alguen querido que morre ou aquelas veces que teus pais se preocupan tanto por ti, que incluso os fas chorar por tonterías sen importancia pero que ao longo do tempo te arrepintes e que che gustaría poder borrar.

Cando che morre alguén ou perdes a unha persoa da túa familia, sempre te planteas se puideches pasar máis tempo con ela ou poder axudala máis como por exemplo, os teus avós.
Castro González, Francisco
Castro González, Francisco


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES