Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Quintana na Tvg

viernes, 05 de mayo de 2006
“Temos un estado moi pavero”, dixo o Vicepresidente Quintana na TVG, en conversa de amigos con Xosé Luis Barreiro Rivas. De exvicepresidente a vicepresidente, e viceversa, escoitábase falar un fermoso linguase da rúa en “volver ó rego”

Xosé Luis Barreiro xa sabemos que ten un idioma fluído, sonoro, crible, de Forcarei. Quintana fala un fermoso idioma aprendido na aldea, que é difícil escoitar nun político en exercicio, porque hai poucos políticos que aprendesen o “galego de cortello”, como quería Victorino Núñez, e case todos teñen o “galego de granxa” que confunde e cabrea.

Quizais fose a primeira vez que se oía nun medio informativo a palabra “pavero” (usábaa, por exemplo, Manuel María) para indicar que unha persoa – neste caso, un ente- é graciosa pero con pouca gracia; “pavero” é un tipo chocante, curioso, ata incongruente.

Quintana usouna para referirse ó estado español, celoso das súas prerrogativas e competencias, e remiso á hora de soltalas.

Quintana ten un excelente discurso nacionalista, que sabe tocar fibras que os galegos temos especialmente sensibles. Prestou especial atención ó tema de que Galicia estaba en tempos á altura das outras dúas nacionalidades históricas, e agora ten o perigo de quedarse atrás cando os cataláns avanzan, os vascos xa se verá, e outros como os andaluces adiantan “pola esquerda” cunha “realidade nacional”.

Todo, na Galega. O anterior goberno non se houbera atrevido, porque a oposición criticaría duramente calquera utilización presuntamente partidista.

Este goberno non ten a menor dúbida: os medios son só utensilios para comunicar á sociedade calquera tipo de mensaxes.

“Volver ó rego” é un título perfecto para simbolizar o encauzamento du tema, dunha idea. Para deixar patente, como unha evidencia, que este é o xeito de ver o país.

Por agora temos un goberno máis de palabras que de feitos, pero pode ser que aínda sexa cedo para dar trigo. O que está claro é que as palabras utilízanas ben. E os medios.

Quintana na TVG deu a sensación de ter nacido para a política; de ser home do pobo que non esqueceu o pobo; é todo un valor para a súa forza política, e un político que hai que ter moi en conta agora e despois.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES