Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Caterva de Samesugas

miércoles, 06 de mayo de 2015
Desde o Preguntoiro: Caterva de Samesugas

Dos 61.495 millóns que o estado (diñeiro público) deulle a banca privada só recuperouse un 4,3%. Aquí está a evidencia de como estase esfumando o diñeiro de todos os cidadáns, por riba estes banqueiros que temos que soportar fagan recomendacións para recortar o gasto público, ou sexa, a realidade actual reflicte que os dereitos das persoas do común que cremos conquistados só foi ilusión dun día.

Deixémonos de falar desa eufemística crise, é unha estafa que se nos fixo aos españois por uns “trileiros” e ladróns de luva branca. Temos que falar da realidade do intento de rematar co estado do benestar por ese brazo invisible do capital financeiro especulativo, que ten como aliado a este goberno do PP.

Moitos de nós temos por norma esquecernos do que dixeron nas pasadas eleccións xerais, aquelas palabras de Rajoy en campaña electoral, cando dixo que a diferencia do PsoE: .¡.non ía a dar nin un só euro de diñeiro dos cidadáns aos bancos..! Mentira cochina, seguen enganando como a primeira hora.

Estes rescates financeiros, privatizacións, privilexios fiscais, evasións de capitais, fraude que viñeron e veñen da corrupción e os “pelotazos”, todo isto foi o que determinou a situación económica actual. Non é demagoxia dicir que con eses cartos canto se podería facer no ensino, sanidade e protección dos nosos maiores en pensións.

Mentres unha minoría lúcrase de carallo, ven o Sr. Rajoy a dicirnos que isto vai vento en popa. É dunha irresponsabilidade dicir semellante barbaridade, cunha débeda ao cento por cento do PIB e metendo man na Caixa de Fondo de Pensións.

Toda esta caterva de samesugas deste país a tiñamos que botalos fora, expulsalos a calquera nación de África, ou senón que non tocaran máis cargos públicos mentres estiveron neste mundo. Como dicía a miña avoa ante unha inxustiza: “....Mala chispa os coma...”
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES