Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A APG lamenta o pasamento de Juan Ramón Díaz

domingo, 03 de mayo de 2015
A Asociación de Periodistas de Galicia (APG) lamenta fondamente o pasamento do xornalista A APG lamenta o pasamento de Juan Ramón DíazJuan Ramón Díaz García, unha triste noticia que conmocionou a toda a profesión.

Histórico director de La Voz de Galicia durante dúas décadas, na actualidade era Director Xeral do grupo La Capital, editor de varios xornais (El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños). Juan Ramón finou hoxe en A Coruña, tras non superar unha repentina enfermidade.

Entre outros méritos, Díaz García foi galardoado en 2004 co Premio Diego Bernal, outorgado pola APG en recoñecemento a toda unha traxectoria profesional. E no pasado mes de xaneiro, na XX edición do galardón, foi precisamente o encargado da lectura dos méritos do tamén xornalista –e amigo- Lois Caeiro.

No Día Mundial da Liberdade de Prensa, a Xunta Directiva da Asociación de Periodistas de Galicia quere lembrar de xeito moi especial a figura de Juan Ramón Díaz García, ao tempo que traslada o seu fondo pesar á súa familia e amigos.
Asociación de Periodistas de Galicia
Asociación de Periodistas de Galicia


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES