Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sergio Rábade Romeo

jueves, 30 de abril de 2015
O pasado sábado, en Begonte, foron recibidos como Fillos Predilectos do concello o filósofo Sergio Rábade Romeo e o escultor Victor Corral Castro. Velaquí a laudatio do Profesor Rábade Romeo, feita por Antonio Calvo Varela:

Señor Alcalde e corporación do Concello de Begonte, autoridades e amigos todos. Ben queridos don Sergio e Víctor:

Debo confesar de principio que é para min un grande honor intervir neste entrañable acto de homenaxe a dúas benqueridas persoas miñas.

É grande o pobo que sabe honrar aos seus fillos e, de xeito especial, a aqueles que o merecen polos seus feitos ou méritos, pola súa traxectoria vital. Grande se fai, aínda que sexa un anaco pequeno de terra e unha pequena comunidade de homes e mulleres, si sabe honrar e festexar aos seus mellores. Aos pobos fannos grandes as súas xentes. Begonte ven de dar exemplo e ben merece o noso recoñecemento e gratitude.

Sergio Rábade RomeoCoñecín a Don Sergio no ano 1952, cando eu iniciaba os estudios de bacharelato. Eu era becario do Colexio Luís Vives de Pontedeume e facía neltarefas de bedel. En moi pouco tempo o novo profesor converterase no eixe principal do Centro: baixo a súa dirección publicouse unha revista entrañable para todos nós, “Pontumio”, creouse o himno oficial do Colexio, con letra de Don Sergio e música do mestre Leira(himno que recordamos aínda hoxe cando nos xuntamos algúns ex alumnos daquela época) e imprimiulle un aire o Luís Vives que o converteu no referente mais importante de aquela zona dende Ferrol ata a Coruña como centro educativo. Recordo con cariño as súas clases de latín, con un método activo e motivador para os alumnos; as sesións de lectura na sala de estudios de obras como “El bosque animando” de W. Fernández Florez,e outras que nos encandeaban, e os longos paseos polo corredor do Colexio lendo de xeito constante.

Pero Don Sergio tiña que marchar da vila dos Andrade. Notábaselle unha calidade e unha capacidade merecedora de outros horizontes.

Marchou e deixounos un pouco orfos. Tiña feitos os estudios medios no Seminario de Mondoñedo e o Gradode Filosofía na Universidade Pontificia de Comillas. Durante a súa estadía en Pontedeume completou Filosofía e Letras cos estudios civís correspondentes na Universidade de Santiago e logo en Madrid, onde se doutorou en 1958 co Premio Extraordinario da Complutense.

Pasou un tempo en que non tiven coñecemento do súa andaina, pero o azar, a sorte ou quen sabe qué, volveu a poñerme en contacto con el. No ano 62, recente gañada a oposición de Maxisterio, marchei a Madrid a dar clases a Torrejon de Ardoz nun Colexio privado, coa idea de facer Filosofía e Letras. O Director do Colexio acompañoume a Facultade onde el estudara,para solicitar matrícula gratuíta para min. Chamamos a porta e unha voz que me resultaba familiar dixo “¡Adelante!” e cando abrímola porta, o que estaba sentado na mesa do Secretario soltou un “¡Calvito! Que haces aquí?“. Era Don Sergio que era a persoa que desempeñaba ese cargo da Facultade de Filosofía e Letras. Aquel encontro a min cambioume a vida. Coseu consello, deixei o Colexio a finais daquel curso e solicitei unha beca do PIO que me facilitou a entrada no “Colegio Mayor Nebrija”, do que era director o propio Don Sergio e alí estiven os cinco anos de carreira. Recordamos algunhas veces un grupo de ex colegiales do “Nebrija”, que nos reunimos, case que cincuenta anos despois,tres ou catro veces no ano, o bo clima de estudio e a actividade cultural que había no Colegio Mayor e que, sen dúbida propiciaba a Dirección daqueles anos.

O proceso profesional do Profesor Rábade, é unha constante ascensión: No ano 1961, gaña por Oposición a Cátedra de Metafísica (Ontología e Teodicea) da Universidade de Valencia. En 1966, oposita e consigue a Cátedra de Metafísica (Crítica), ou Teoría do Coñecemento,da Universidade Complutense de Madrid. Foi Decano da Facultade de Filosofía y Ciencias de la Educación; dúas veces Vicerreitorda Universidade Complutense.Comisario promotor e primeiro Reitor da Universidade San Pablo-CEU, profesor emérito desta última e antes da Complutense. Estivo estreitamente vinculado o Instituto Luís Vives de Filosofía do CSIC, do que foi Directore taménao Centro de Enseñanza Superior “Don Bosco”. Foi Presidente da Sociedade Española de Filosofía e vocal da Sociedade Española de Filosofía Medieval. En 1966 fundou e dirixiu a Revista “Anales del Seminario de Metafísica”, que é unha das mais importantes publicacións españolas no seu xénero. Trataba fundamentalmente asuntos relacionados coa teoría do coñecemento, historia da filosofía moderna e temas críticos de metafísica. Ésta seguramente foi unha das tarefas mais queridas do Profesor Rábade e nela puxo “grandes esforzos e non pouca paciencia”. No ano 1992 a Revista dedicoulle un número extraordinario.

No capítulo de premios e distincións, sinalar que foi becario da Fundación Juan March no ano 1959; que está en posesión da “Encomienda de Alfonso X el Sabio” e da medalla Castelao da Xunta de Galicia, do ano 2001. Participou en numerosos Congresos e reunións científicas nacionais e internacionais.

A súa obra manifesta a súa actitude, favorecedora de un proxecto renovador do pensamento filosófico español nos anos 60. Desde os anos 40 do pasado século, a tendencia maioritaria nas diversas Cátedras de Filosofía da Universidade Complutense e no Instituto “Luis Vives” de Filosofía, que eran os centros principais do “poder" (entre comiñas) filosófico, estaba dominada pola Escolástica e sobre todo polo Tomismo. A Cátedra de Teoría do Coñecemento, co Profesor Rábadeao fronte asume a tarefa de incorporarnos abertamente as correntes filosóficas modernas. Xunto con outros importantes Catedráticos e profesores e sobre todo a través da impregnación que as clases, seminarios e demais traballos de esta asignatura deixaron nassucesivas xeracións, o panorama da ensinanza media e universitaria, cambiou radicalmente en España.

En definitiva, estamos ante “unha das personalidades máis destacadas da filosofía e da universidade españolas das últimas décadas”. E isto non o digo eu, recollo dun comentario que outros con mais autoridade teñen feito.

Por mor de non cansalos, non citarei o título de cada una das súas obras, pero debo sinalar que algunha delas conseguiu varias edicións o que é un auténtico éxito, dado que se trata de libros de filosofía, materia desgraciadamente para minorías.

Actualmente a súa obra completa está recollida nunha edición especial en seis grandes tomos, labor encomiable realizada por un grupo de Profesores da Universidade Complutense, que permitirá ás novas xeracións poder acercarse as ensinanzas deste grande Profesor.

Porque, aínda que non o dixen, Don Sergio para min foi e segue a ser un grande mestre, un profesor que sabe estar preto do alumno. Ten resortes para motivar e animar ao estudio aos seus discípulos. É unha persoa próxima e accesible. Lembro como conseguiu que con 10, 11 anos me entusiasmara por aprender a escribir a máquina, sen imposicións, sen reprimendas. Como un cravo, ao final do día pedíame a cuartilla chea a rebentar das pegadas de aqueles irregulares tipos da vella máquina de escribir do Colexio de Pontedeume. Gracias a él, hoxe son un xubilado profesor de Filosofía. Eu só aspiraba a estudar Pedagoxía, como complemento para a miña profesión, pero dadas as posibilidades que me ofreceu, elixín Filosofía, que me gustaba mais.

Pero teño que dicir algo mais. O que Don Sergio fixo por min non é, en verdade, unha cousa rara ou extraordinaria, porque a súa xenerosidade ten mil facetas. Son moitas as persoas que poderían estar a dicir o que eu digo agora, sen forzarse nada. Estou vendo algúns compañeiros de profesión aquí que seguramente poderían, facer unha “Laudatio” máis rotunda que a miña, porque lle teñentanto aprecio e agradecemento como eu, o mesmo quetantos outros que quererían, pero non puideron estar hoxe aquí con vostede. E penso na súa absoluta disposición xenerosa e sen contrapartida que tivo sempre para asistir a impartirnos conferencias nas sesións que organizaban o Seminario Interinstitutos de Filosofía de Lugo, ou participar nos Simposios, coma os que organizaba o Instituto “Nosa Señora dos Ollos Grandes” e que dirixía entón o noso amigo Nicolás Vázquez Varela.

Por outra banda, a súas ensinanzas nunca estiveron pechadas entre as catro paredes da grande e querida casona que para min é a Facultade de Filosofía e Letras da Complutense. Tiveron prolongación máis aló, a través dos numerosos Catedráticos e Profesores de distintos niveisrepartidos por España adiante.Non esaxero se digo que nestes últimos 40 ou 50 anos,mais da metade dos profesores de Filosofía de España, foron seus discípulos na carreira ou nun POST-GRADO e tiveron o seu consello cando o precisaron e sempre o seu apoio. No nome de todos eles, GRACIAS.

Begonte, dende hoxe é un pouco mais grande. Moralmente medrou como pobo por ter recoñecido con todo merecemento o seu valer e a súa labor. Gracias lles dou, Alcalde e Corporación, porque dalgún xeito síntome premiado na persoa do meu benquerido amigo e Mestre, Don Sergio Rábade Romeo.
Moitas gracias.

(Antonio Calvo Varela, discípulo de Sergio Rábade Romeo é profesor de Filosofía xubilado).
Calvo Varela, Antonio
Calvo Varela, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES