Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Comunicado do CPXG con motivo do día da Liberdade de Prensa

martes, 02 de mayo de 2006
Estamos na era da comunicación e da información pero tamén nos tempos nos que a mentira se difunde de xeito masivo. Nunha sociedade democrática a información ten que estar ó servizo da cidadanía, por enriba de calquera outro interese, pero isto raramente ocorre. A información ten donos e a difusión da mesma está sometida a factores que raramente coinciden coa lóxica da democracia.

O dereito á información é unha conquista histórica recente que deixou e segue deixando moitas vítimas polo camiño. Pero, sen dereito á información, tódolos demais dereitos básicos dunha persoa quedan eivados. Sendo unha cuestión crucial para a vida democrática, pero tamén para a economía e para o vigor social, cultural e educativo dun país, é prioritario que en Galicia se senten as bases políticas para a consolidación dun espazo galego da información e da comunicación, tanto desde o punto de vista das infraestruturas como dos contidos. Ese espazo da información e da comunicación será galego se nos permite ver o mundo cos nosos propios ollos e á vez nos ofrece unha visión universal para poder entendelo razoadamente, no noso idioma, desde a óptica da nosa ética e dos nosos intereses individuais e colectivos.

Para a Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia é imprescindible que este país conte cunha rede de medios de comunicación propios, públicos e privados, nos que os galegos aparezamos como actores protagonistas e responsables da nosa historia. Para conseguilo é necesario desgobernamentalizar os medios públicos galegos; as subvencións ós medios privados deben ter utilidade pública e rexerse por criterios de obxectividade e transparencia. Para que ese espazo sexa galego, debe comunicar no noso idioma. Por último é imprescindible que os xornalistas poidamos desenvolver a nosa profesión nunhas condición laborais dignas.

Comunicación ó servizo da cidadanía e do País. Santiago de Compostela. 02/05/2006.
Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG)
Colexio de Xornalistas de Galicia
Colexio de Xornalistas de Galicia


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES