Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Noraboa, Lourenzá!

jueves, 30 de abril de 2015
Falar de Lourenzá sen falar do deporte non se entende.

De novo o deporte danos alegrías e pon o nome de Lourenzá en lugares destacados dos medios de comunicación, grazas neste caso ao Atlético Lourenzá, un grupo de rapaces que este pasado domingo lograron o ascenso á Primeira Autonómica do equipo de fútbol local. E ademais fíxoo diante dunha afección entregada, rematando a tempada de maneira sensacional, cunha vitoria no noso propio campo, que se converteu así no escenario perfecto para celebrar este importante éxito deportivo.

Pero todo isto é froito da unión da xente de Lourenzá que forma a familia do Atleti, club que supón un magnífico exemplo para os nenos e nenas que son alumnos das escolas deportivas. Estes tamén están conseguindo grandes logros en diferentes disciplinas, como o obtido precisamente tamén este pasado fin de semana, concretamente o sábado, polo equipo benxamín de fútbol sala, que quedou subcampión provincial. Todos estes éxitos son froitos do esforzo do equipo e do adestrador, pero de xeito especial do importante traballo que fan os responsables das nosas escolas deportivas, a pesar dos escasos recursos cos que contan.

Por iso, como alcaldesa de Lourenzá, en nome dos veciños, quero felicitar aos xogadores, á afección e á directiva do Atlético Lourenzá, que co seu esforzo fan posible que a ilusión e o empeño dos rapaces dea froitos como o ascenso logrado este pasado domingo, que fixo que na nosa vila fora un día de festa.

(Emma Álvarez Chao é Alcaldesa de Lourenzá).
Álvarez Chao, Emma
Álvarez Chao, Emma


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES