Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

'É que sempre pasa'

martes, 28 de abril de 2015
O PÁRROCO DE RIBADA DO SOLPOR E CONTORNA.
Domingo de Ramos, 2014.

O cativo estaba pasando as vacacións de Semana Santa cos avós. Os avós levaron ao neto e seus pais á celebración do Domingo de Ramos co engado de ir ver ao cura novo e compartillar unha celebración festiva e lixeira, é dicir nada pesada e aburrida. Un cura alegre que tiña aos e ás parroquianas ben contentas.

Na porta estaba nun pequeno cartaz o programa de toda a Semana Santa cos actos do día e a hora. Cando estaban na igrexa agardando, ía pasando o tempo e o crego non aparecía. A xente tranquila e sen présa desculpábao, abourado como andaba con tanta parroquia que tiña que atender. Mais chegou un momento no que os fregueses mostraron a súa inquedanza por se algo lle pasaría ao crego. E nestas á fin chega un señor cura que ninguén coñecía e que xa peinaba canas, e de novo, nada.

O sustituto nervoso desculpouse pola tardanza, e sen máis, comeza a celebración e deseguida saen todos na procesión que ao rapaz cun ramallo de oliveira mesmo lle parecia unha manifestación ao redor da igfrexa. O rillote non perdeu comba escoitando o que a xente rosmaba, “que é o que lle pasaría ao crego ausente?”.

De volta á igrexa á fin da misa o crego anuncioulles que o programa anunciado da Semana Santa non podía cumprilos, e deu comezo á lectura dunha carta do Vigairo aos fregueses das Ribadas do Solpor, que en fin...que o crego, D. fulano de tal, que lles atendía con moito agarimo e adicación non podía volver a actuar de sacerdote... “porque tiña compromisos familiares incompatibeis co sacerdocio”.

Cando o crego rematou de ler a carta e no meio do silencio dos fregueses que cortaba o alento, a resposta clara da Sra. Marina, foi: “¡¡É que sempre pasa!!”

Denantes de escoitaren a lectura da carta, o cativo, que escoitara o rosmeo da xente, chega xunto da nai e dille: “O crego novo ten un fillo”.

Qué magoa coa incopatibilidade. Emporiso, os comprimisos familiares non son incompatibeis co sacerdocio, porque os primeiros sacerdotes foron os apóstoles a case todos estaban casados; trátase pois dunha incompatibilidade canónica, é dicir, a Igrexa ten esta norma dende hai moitos anos, mais mira por onde acabamos de saber que o Papa, Francisco I, este papa tan feiticeiro, quere tratar e arranxar tamén este tema antes de dimitir. O que é incompatible co sacerdocio e coa humanidade é a pederastia e outras moitas cousas. ¿por qué o cura non puido ir despedirse dos fregueses que tanto lle querían?. Ai, cantas preguntas se poderían facer!.

(O nome da parroquia é ficticio, mais non o conto).
Ferreiro Currás, Anxo
Ferreiro Currás, Anxo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES