Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tesouro

miércoles, 22 de abril de 2015
Empezo a comprender porque algúns namorados chaman “Tesouro” á súa parella, porque coido que non será polo concepto tradicional de riqueza, de acumulación de moeda ou metais preciosos, senón referíndose a ese organismo que manexa a débeda, máis que á débeda en si mesma.

Cóntannos os comentaristas especializados que o Tesouro, que hoxe si e mañán tamén saca a subasta débeda do Estado, e consegue que particulares e institucións lle presten diñeiro baseado na súa palabra de pagarlle intereses, cada vez logra colocar esas promesas a precio máis baixo pola confianza, seica, que os particulares e institucións teñen nese Tesouro, que moitos namorados demostra ter.

Os intereses foron baixando, baixando, ata límites inconcebibles. E de alí para abaixo, porque chegaron ao cero por cento, e medraron en sentido negativo, o que quere decir que lle dan diñeiro ao Estado para que cando remate o prazo lles devolva o mesmo importe, sen pagarlle interese ningún.

Ata o interese cero aínda se vai entendendo pensando que pode haber xente que non saiba que facer co diñeiro e sabe que prestándollo ao Estado é mellor ca metelo nun calcetín, porque no calcetín pode podrecer, e o Estado sempre lle ha de dar billetes novos.

O que non son capaz de entender é que se fale de interese negativo. Que o Estado cobre intereses aos compradores de débeda, que –segundo as informacións especializadas- é proba da extraordinaria confianza que os investidores teñen no Tesouro que se supón que é noso, aínda que nos nunca poderemos cobrar a quen nos preste o diñeiro que non temos.

No eido da economía, esto parece o mundo ao revés. Se no mundo ao dereito entendíamos pouco, neste mundo das antípodas da razón quedamos totalmente descolocados (parados?), concluíndo por pensar ao máis puro estilo Martínez Soria, que a economía non é para nós.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES