Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Darío Xohán Cabana, O Grande

lunes, 24 de abril de 2006
Se Darío Xohán Cabana fose albanel, os seus muros serían construccións perfectas nas que nin o fío do coitelo máis fino podería entrar entre as súas pedras. Serían auténticas “obras de romanos”.

Se Darío fose Ourive, as alfaias que labrase serían disputadas polos potentados, os políticos, os grandes industriais e as mulleres máis fermosas.

Se Darío fose cantor, sería o de voz máis clara, máis sonora, máis profunda e máis femosa.

Se Darío, en fin, fose político, declararía País Independiente a Chaira, e faría dela unha ínsula Barataria rexida pola constitución que Manuel María ten redactada baixo o título de “Terra Chá”.

Pero Darío é moito máis ca todo iso: É poeta. É escritor. É tradutor. Pero eu quéroo especialmente poeta.

Como poeta, constrúe muros perfectos, edificios sublimes, patrias excelsas que se nos amosan e se nos abren coa única forza da palabra.

Como poeta constrúe, en singular ourivesaría, fermosas alfaias rimadas que encaixan á perfección cos recovecos da nosa alma.

Como poeta canta coa fermosura perfecta, cunha música que hai quen dubida poida estar contida en só sete notas en clave de “G”.

Como poeta, fai política da máis alta; da que todos asumimos, envexamos e queremos para unha terra á que todos amamos do mellor xeito que sabemos.

Porque un poeta é un guerrilleiro que utiliza a arma máis poderosa (¿Cargada de futuro?), que non fire senón que desarma. Descubríu a mellor arma: a que elimina a guerra por elevar o espírito a lugares onde non merece a pena loitar.

Darío Xohán Cabana, patriarca das letras chairegas no 2003, membro da Real Academia Galega en 2006. E un, que presume de chairego, que non é albanel, nin ourive, nin cantor, nin político -e moito menos poeta- por ósmose chairega, pero sobre todo por amigo, está ledo.

Noraboa, Darío Xohán Cabana, Académico. Darío o Grande, primeiro, da Terra Chá.

P.D.- Houbo, unha vez, un rei ó que chamaron “O Grande”… Non sei se era Darío, ou Ciro, ou Alexandre… ¿Qué saberían estes de grandeza?. Nós, os chairegos, temos a Darío Xohán Cabana. Darío o Grande.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES