Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Entrega do premio Trapeiro de Honra 2014

miércoles, 15 de abril de 2015
Os Vilares lareira de soños entregará este sábado día 18 de abril ás 12 na Casa das Palabras de Guitiriz o Premio Trapeiro de Honra 2014 a Díaz Castro.

A entrega será realizada por José Luís López Fraga, Luís de Patricio a Entrega do premio Trapeiro de Honra 2014Alfonso Blanco Torrado, depositario da memoria e obra do poeta vilarego a través da A.C.Xermolos.

Nese acto anunciaron tamén o Premio do presente ano 2015. O primeiro premio, do 2014, recaeu en Xosé María Díaz Castro coincidindo tamén coa dedicatoria das Letras Galegas e este ano de entrega do mesmo conmemórase os 25 anos da súa morte.

Ninguén máis indicado para entregado, neto e afiliado do trapeiro máis coñecido da parroquia, o señor Pedro de Patricio e ninguén máis indicado para recollelo, o maior defensor e difusor da vida e obra do poeta do Vilariño.

Este premio é o recoñecemento e promoción de persoas e entidades que teñen traballado pola parroquia dos Vilares. Consiste nun lenzo nominal do premiado/a e ten carácter simbólico. O lenzo representa o trapo ou farrapos do que foi un símbolo dunha parroquia humilde e traballadora e quedará depositado na Casa das Palabras interactuando con outras obras artísticas e literarias arredor do noso poeta.

Están vostedes convidados.
de Guizán, Antón
de Guizán, Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES