Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tractores con G.P.S.

jueves, 20 de abril de 2006
Veñen de ser presentados un artiluxios para incorporar ós tractores. Son os sistemas GPS que se veñen utilizando para localización de determinados elementos, guiados por satélite, que se aplican ós tractores tradicionais e transfórmanos en vehículos propios da mellor creación de ciencia-ficción.

Aportando cifras de arredor de catro mil euros, que poden chegar ós vinte mil, por tractor, conséguese unha precisión absoluta do traballo, de xeito que se aforra tempo e combustible xa que regulando axeitadamente o aparato en cuestión o tractor circula cunha regularidade perfecta e non pasa dúas veces polo mesmo lugar, deixando traballada a finca con precisión de milímetros.

Mesmo se chega a que o tractor circule de modo automático, sen conductor, axeitándose ás circunstancias da finca, analisando o terreo, calculando o abono preciso e transformando as nosas leiras en campos experimentais ou laboratorios ó aire libre.

¡Que lonxe daquelas xugadas de vacas ou bois de non hai tantos anos, chamadas polos máis novos das casas para trazar regos que dependían exclusivamente do pulso firme do guiador do arado e requerían especial dilixencia ó final de cada rego ó xirar no cómaro para reemprender a marcha.

Con avances coma este parece posible pensar que dentro de moi pouco tempo o propietario dunha explotación agraria de Galicia poderá manexala desde un taboleiro de mandos, desde un despacho ou cabina de control, comodamente instalado ó abeiro de inclemencias meteorolóxicas.

Visto este avance, cabe pensar que calquera día tamén nos inventan un aparato que impida que os tractores volquen na nosa ondulada xeografía e cada ano morran nin se sabe cantos galegos por quedar aprisionados debaixo do peso dunha destas moles de metal.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES