Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un Día das Letras para Filgueira Valverde

miércoles, 08 de abril de 2015
A Real Academia Galega, no plenario celebrado o dia cinco de xullo de 2014, elixiu, despois de varias votacións, ó polígrafo Xosé Fernando Filgueira Valverde como autor a homenaxear o Día das Letras Galegas do ano 2015.

A súa candidatura fora presentada polos académicos Xosé Ramón Barreiro Fernández, Francisco Diaz-Fierros Viqueira, Pegerto Saavedra Fernández e Ramón Villares Paz. Foran presentadas ademais as candidaturas de Xela Arias Castaño, Ricardo Carballo Calero, Manuel María Fernández Teixeiro e Celestino Fernández de la Vega. Despois de varias votacións nas que se ía eliminando o que quedaba no derradeiro posto, chegouse á votación final entre Celestino Fernández de la Vega e Xosé Fernando Filgueira Valverde, impoñéndose este último por un voto.

Eu sempre pensei que, ó tratarse dunha festa das letras, o que se tiña, sobre todo, en conta á hora de elexir o candidato, era a súa obra literaria. Pero, polo visto, parece que para algúns non é así. O mellor isto pasa porque Filgueira Valverde “non é dos seus...”

Pero coido que o problema é outro e por iso estou de acordo co que escribiu Xosé Luis Franco Grande nun artigo titulado “De novo con Filgueira” publicado, non hai moitos días, en La Voz de Galicia, no que dicía: “Unha das razóns, entre outras, para cuestionar a idoneidade de Filgueira a estes fins ten sido ao meu ver o descoñecemento da súa obra, complexa, variada e especializada. Por iso, poucos teñen chegado a ela e non moitos se terán feito unha idea de conxunto da mesma.

¿Haberá moitos que teñan coñecemento cabal, senón de toda, da maior parte dela?

Desconcerta a quen teña unha idea de país, e non o conciba coma un gueto que se trate de xustificar racionalmente, que unha cultura con tantas pexas, atrancos e limitacións como a galega se poida permitir o luxo de ignorar –e aínda de aldraxar- a figura tan senlleira, complexa, rica e esclarecedora”.

¡Canto non fixo Filgueira Valverde por este país, a súa lingua e a súa cultura! Abonda coa súa obra escrita que abrangue múltiples eidos do saber. Abonda co seu traballo no Museo de Pontevedra...

Coñecín persoalmente ó profesor Filgueira Valverde e sempre o tiven coma unha figura senlleira das nosas letras e da nosa cultura, experto en moitos eidos. Foi un verdadeiro polígrafo; para velo non hai máis que mergullarse e bucear na súa obra.

Lembro unha intervención de Filgueira Valverde cando era Conselleiro de Cultura nun programa da segunda cadea de TVE en Madrid onde interviñan varios galegos. Nun dos momentos en que intervén o profesor Filgueira Valverde falou de Arteixo. Entón un político dun partido nacionalista corrixiuno dicíndolle que era Arteijo xa que estaban a falar en castelán nun programa para toda España. Filgueira Valverde respondeulle cun sorriso dicindo: - es Arteixo, tanto en gallego como en castellano.

Este ano 2015 debe ser o momento de achegarnos á inmensa figura literaria e a toda obra de Xosé Fernando Filgueira Valverde. Cando a coñezamos a fondo veremos como foi un acerto a súa designación como a figura a homenaxear o Día das Letras Galegas de 2015.
Villares Mouteira, Félix
Villares Mouteira, Félix


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES