Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Patroa de Saavedra

miércoles, 19 de abril de 2006
Patroa de Saavedra Moi garimosamente á miña curmán Mª Luz Arias Carreira

Veño a verte Virxenciña,
no teu belo manto beixar,
sexa el a miña menciña,
nas miñas eivas sandar,

Para camiñar con despexo,
coma neses meus anos idos,
veño a pregarche o teu abeiro,
nun milagreiro feitío,

Afervoada che prego,
refugallos que eu levo,
das TÚAS MANS en soarego,
fuxan envoltos no vento,

Ti, miña NAICIÑA DO CEO,
CELESTIAL RAÍÑA do mundo,
pousa a mirada no meu seo,
de feble, troque a varudo,

Douche grazas María,
por me afasta-la fereza,
da doenza que me luía,
o corpo, maila afouteza,

Quero dicirche NAICIÑA,
o que TI xa ben sabes,
polas cotiáns ladaíñas,
ás noites ó che rezare.

Polas relúas escasas,
no meu cernello manido,
prego sexan elas vastas,
no meu camiño mazmido,

A ti , VIRXE QUERIDIÑA,
PATROA de bela paraxe,
escoita TI ladaíñas,
pregando no cós un milagre,

Para camiñar pola vida,
nese despexo arelado,
sen ese arfar de manida,
sentindo o corpo abafado,

Denantes de TI me alonxar,
grazas che dou polas regalías,
por relúas e albizaras,
ameizándome a estadía,

Deica ó ano vindeiro,
que recuncarei a Saavedra,
profesarche amor verdadeiro,
como túa fidel serva.
Arias Saavedra, Ana
Arias Saavedra, Ana


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES