Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As competencias de tráfico

martes, 18 de abril de 2006
Estas vacacións de Semana Santa foron, de novo, momento para calibrar o impacto do tráfico na nosa vida cotián; na nosa morte.

Parecían tremendistas as suposicións das autoridades na materia, que estimaban se ían superar os cen mortos, por pura comparación co ano anterior, e de novo a realidade supera calquera ficción, e a traxedia veu cebarse cos que durante esta longa ponte festiva invadimos as estradas. E de novo foi Galicia a que pagou máis duramente as súas peculiaridades.

Calquera que olla ó seu contorno sabe que as nosas estradas da beiramar poden ser iguais ou semellantes ás das costas de Catalunya ou Andalucía, que as choivas que nos afectan son comparables ás de Asturias, que as xeadas son practicamente iguais que as de Castela-León, que a orografía non é máis accidentada que a doutras zonas da península... Pero todo xunto fainos diferentes. E a esto hai que unir o estado de conservación de estradas e vehículos, a formación e idade dos conductores, a incidencia das estradas nos núcleos habitados.

As de Tráfico son competencias que Galicia solicita lle sexan transferidas para poder gobernarse tamén sobre este aspecto tan importante e – visto está- vital.

As diversas competencias de autogoberno teñen que ir “caendo” segundo a capacidade da autonomía o permita, e un cuarto de século de experiencia nestas tarefas equipáranos como mínimo “a Madrid” para tentar desde aquí parar a sangría que o tráfico supón, traxedia que se puxo especialmente de manifesto esta Semana Santa na que Galicia acaparou parte moi importante de vidas humanas tronzadas.

Pode que as competencias sobre tráfico non sexan a fórmula máxica que solucione o problema, porque para os problemas graves non hai solucións máxicas. Pero moi posiblemente analisando desde aquí as circunstancias que concurren, as características especiais do contorno, as nosas carencias e formas de ser, poidamos aportar solucións innovadoras, xenuinas, propias, que vaian creando un clima propicio a entendernos mellor sobre este tema.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES