Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cambiar os festivos de lugar

viernes, 03 de abril de 2015
Tradicionalmente, o día de San Xosé, 19 de marzo, celébrase o Día do Pai. Na miña casa lévanse celebrado, polo que cara a min se refire, coido que corenta edicións.

Non é que sexamos moi festexeiros na casa pero hai ocasións que non se deixan pasar, e esta celebración é unha delas.

As decisións oficiais viñeron en repetidas ocasións a modificar esta nosa festividade, porque cando o día estaba declarado como festivo non había ningún problema e axustabamonos ao calendario. Pero como a consideración oficial da festividade non é acorde coa personalidade do Santo que a identifica, San José foi tido en conta nuns anos mentras que noutro o cupo se cumpría con outra festa e entón quedaba esta celebración como un día laborable, tendo que trasladala ao festivo máis inmediato.

Este ano a solución foi por barrios pois en cinco comunidades españolas foi día festivo e celebrouse como tal, e festivo foi tamén en Galicia se ben esta festividade foi trasladada ao venres, para evitar unha longa ponte festeira.

Tampouco está mal dispoñer de tres festivos seguidos, que unha fin de semana longa préstalle a calquera. E temos que ir acomodándonos a traslados coma este porque un festivo no medio da semana provoca un auténtico cataclismo nos centros de traballo do que é imposible recuperarse por moi boa intención que se lle bote.

Celebrei a festa do Día do Pai ao día seguinte inhábil. E a verdade é que non notei nada que desvirtuara a celebración, que a fin de contas esta márcaa en teoría en calendario pero o que verdadeiramente a caracteriza é o calor que se pon na festa. E o calor –neste caso- apórtase na casa, independentemente do que diga o calendario.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES