Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lugrís Freire, compromiso co galego

lunes, 10 de abril de 2006
Lugrs Freire, compromiso co galego A vida de Lugrís Freire estivo marcada pola entrega á dignificación da lingua galega, participando activamente na creación de diferentes entidades políticas e culturais, como foi en Cuba a creación do primeiro xornal escrito integramente en galego (A Gaita Gallega, 1885-89); sendo logo un dos membros fundadores da Academia Galega e posteriormente o seu presidente, entre o 28 de abril do 1934 e o 20 de agosto do 1935, ficando na memoria coma o primeiro que empregou en público o galego durante un mitin que tivo lugar en Betanzos alá polo ano 1907, durante os anos na Coruña, onde participou en grande parte das actividades galeguistas.
No paronama galego destacou por participar na constitución da Irmandade da Fala da Coruña (1916) e publicar no 1922 unha gramática do idioma galego, a primeira escrita la lingua de Galicia. Xa polo ano 1923 ingresaría como membro correspondente no Seminario de Estudos Galegos cun discurso sobre Pondal e logo no ano 32 participaría na redacción do anteproxecto do Estatuto de Autonomía en representación do Partido Galeguista.
Se facemos un breve percorrido pola súa obra sabemos que no ano 1894 publicou o primeiro libro de versos, Soidades, para seguir en 1901 con Noitebras. Xa no ano 1903 editou unha peza teatral titulada A Ponte, que se estrenaría no Teatro Principal da Coruña ese ano; e á que seguirían Minia, en 1904 e Mareiras. En 1906 daría a coñecer o drama Esclavitú, publicando tamén Contos de Asieumedre en 1909, etc. Versos de Loita e a comedia Estadeíña, os libro de poemas Ardencias, e, As mariñas de Sada son outras das súas obras. Pero non menos importantes foron as súas colaboracións na prensa do momento, como se ve en publicacións como 'A Gaita Gallega', 'A Nosa Terra', 'Revista Gallega' e 'El Eco de Galicia'.
O ano no que se publicaban os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro nacía Manuel Lugrís Freire. No ano 1863 Sada acollía o nacemento do escritor que emigraría a Cuba con vinte anos e onde sería elixido membro da xunta directiva do Centro Galego para fundar logo o primeiro xornal americano totalmente en galego, baixo o nome de A gaita gallega (1885-1889). Alí sería precisamente onde ía publicar o primeiro poemario, Soidades, entón cun prólogo de Manuel Curros Enríquez, e tamén onde escribiría A costureira da aldea, a primeira obra dramática.
Lugrís Freire, tras ser un dos membros fundadores da Real Academia Galega en 1906, sería nomeado pola institución como presidente no ano 1934, posto ao que renunciou ao ano seguinte por problemas de saúde, morrendo na cidade da Coruña en 1940. Foi un membro importante da Cova Céltica, relacionándose cos rexionalistas da cidade herculina, e figurando tamén entre os patrocinadores da Escola Rexional de Declamación (1903), da que sería presidente. Desde entón, a grande preocupación de Lugrís foi a de fornecer de textos á nova entidade, todos eles cunha forte carga reivindicativa e rompedores co costumismo imperante.
A Real Academia Galega decidiu pois adicar o Día das Letras Galegas do ano 2006 a Manuel Lugrís Freire, quen fora presidente da institución entre o 28 de abril do 1934 e o 20 de agosto do 1935. Vencellado á tradición galeguista e republicana que floreceu na Coruña nos últimos anos do século XIX e nos primeiros do XX, todo apunta a que a escolla de Manuel Lugrís Freire significa unha aposta da Academia polos valores que defendeu o fundador de A Gaita Gallega, e outros membros destacados da súa xeración.
Fernández, Ruth
Fernández, Ruth


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES