Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¿Independencia da Xustiza?

miércoles, 11 de marzo de 2015
Desde o Preguntoiro: ¿Independencia da Xustiza?


Estes días Bruxelas preguntou aos cidadáns pola calidade e independencia dos sistemas xudiciais de cada país da UE. A resposta: España, á cola da Unión Europea na independencia xudicial.

Xa podemos dicir que a cita do grande escritor Eduardo Galeano pode ser efectiva neste país: “...la justicia es como las serpientes, sólo muerde a los descalzos...”.

Neste país é case imposible que teñamos unha xustiza independente, isto xa ven arrastrada desde o franquismo e daqueles barros de 1976 temos estes lodos. Ao non haber ningún cambio nas súas estruturas xerárquicas e coa chegada do bipartidismo desde as primeiras eleccións, continuaron ás ordes dos partidos alternantes, sendo os que designan aos responsables de toda a xustiza no seu conxunto. Ou sexa, coa chegada deste nefasto bipartidismo foi o estrangulamento dos alicerces dos cales fixeron imposible a súa independencia.

Sen entrar en xuízos de valor de si son bos ou son malos xuíces, na súa maioría, a xustiza non pode ser compartida con equidade xa que atráncase cunha xerarquía que está designada polos dous partidos de alternancia no poder, dando lugar a un sistema onde a corrupción institucional endémica e sistemática segue ao orde do día.

Non deixa de ser unha broma de mal gosto, cando falan estes dous partidos alternantes de estado de dereito e mecanismos de control, párteseme os beizos de tanto rir. ¿E iso que é?. Aquí só controlase aos cidadáns do común, traballadores e desempregados no paro e algún que outro político que trata de trocar este sistema.

Este país como sempre á cabeza... do negativo. A lei está feita como un traxe á medida para os Blesas, Puyoles (Os Honorables), Ratos, Granados, Bárcenas e moreas deles. Como dicía antes, máis que broma de mal gusto, é unha desgracia nacional e internacional.

Coido que o grande antropólogo Marvin Harris non sería capaz de explicar esta dicotomía disparatada ; ¿español-urnas?. Coido que tolearía.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES