Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Hospital asilo de Vilalba (23)

jueves, 05 de marzo de 2015
Ano 1925

«El Villalbés». «Periódico semanal. Se publica los jueves» Custaba a subscrición semestral en Vilalba 2 ₧; anual para fóra da vila 5 ₧. Era o seu propietario o impresor Mariano Pérez Ceinos. O primeiro número sae o 1 de xaneiro de 1925. A xeito de presentación manifesta O Hospital asilo de Vilalba (23)que pretende recoller nas súas columnas as aspiracións e desexos da comarca, a de defender, poñendo niso o seu entusiasmo, os intereses da localidade e todo canto poda redundar no seu proveito e beneficio. Nas súas páxinas veremos colaboracións literarias de Carmiña Prieto Rouco. É probable que non tivese unha vida longa. Debeu deixar de publicarse aló por mediados do mesmo ano que iniciou a súa andaina.

«Unión Patriótica». Desde «El Villalbés» faise un chamamento á todos para que se afilien ó partido promovido polo Directorio Militar. Admítense a todos os homes de boa fe e amantes da tranquilidade.

Comisión Executiva de 30 de xaneiro. Formúlase o agradecemento ós testamentarios do señor Ferreiro Souto (q.e.p.d.) pola doazón de 1.000 ₧.

Comisión Executiva de 27 de febreiro. Páganse 5.572,18 ₧ á casa Cervigón da Coruña polo subministro de madeira de pinotea para escaleiras, piso e faiado máis outras 151,91 ₧ polo seu porte.

Asociación de mestres. O pasado mes de decembro celebrou asemblea para renovar a directiva. Resultaron elixidos: Carlos Moltó Gargori, presidente; José Rouco Castro, vicepresidente; Eladio Fernández Rivas, secretario; Jesús Baamonde, vicesecretario; Pedro A. Paz, tesoureiro. Vogais en representación dos concellos do partido xudicial, César Anllo, Amador Fernández, Constantino de Castro, Manuel L. Quiñoá, Efrén Calzada e Antonio Cebreiro.

«Progreso de Lousada». A sociedade renovou a súa directiva para 1925. Presidente, José Orosa Picos; vice, Laureano Castelo García; secretario, Antonio Otero Pardo; vice, Primo Balsa García; tesoureiro, Vicente Ladra Otero; vice, Rosendo Hermida Castelo; vogais, Fermín Hermida Requeijo, Manuel Gómez Balsa, Pedro Otero Camba, Vicente García Castro, Antonio Gómez Balsa e José Ledo Prieto. Suplentes, José Otero Pardo e Andrés Pena Felpeto.

Velada en favor do hospital asilo. Celebrarase no «Centro de Artesanos» o próximo 15 de febreiro a iniciativa de entusiastas mozos. Vanse representar tres pezas teatrais.

Traslado da central de teléfonos. A partir de febreiro aséntase nos baixos da casa do procurador dos tribunais, José Sanjurjo Mouteira, na avenida Rodríguez de Viguri, no 15. Para atender a oficina foi nomeada a simpática moza Maruja Sanjurjo Cazón.

Para os menores que van a Cuba. As mulleres menores de 18 anos que viaxen soas precisarán levar unha acta notarial subscrita polos parentes que teñan en Cuba na que declaren que van ó cargo deles. Os varóns menores de 14 necesitan igual requisito. Serán devoltos a España os que non cumpran con estas leis cubanas. Detrás das ordes estaban os sórdidos abusos nos que caían xentes incautas que emigraban sen o debido amparo de parentes, amigos ou coñecidos de confianza. As sociedades galegas establecidas na illa sempre procuraron protexer os seus coterráneos.

Comisión Executiva de 5 de marzo. Acórdase:
–Realizar unha poxa para a colocación da madeira nas escaleiras, piso e faiado da á dereita do edificio. Adxudicaráselle ós carpinteiros Santiago Durán, Manuel Celeiro e José Celeiro Castro os mesmos industriais que xa fixeran portas e ventás-.
–Realizar a pavimentación do vestíbulo e do piso baixo da mesma zona polo sistema de administración. A supervisión encárgaselles ós señores Pardo e Fraiz.

Retorno do «Heraldo Villalbés». Despois de dez meses de silencio, o xornal volve ver a luz o 4 de maio de 1925. Baixo o titular: «A nuestros lectores. Una explicación necesaria», aclárase o silencio no que se mantivo e que debía ser de xeral coñecemento segundo se desprende das seguintes palabras: ...llegó un momento en que la parcialidad saltó por encima del derecho que nos asistía y viendo nuestra dignidad pisoteada, sabiendo que la voz de la razón non sería oída, optamos sencillamente por callar, por retirarnos a nuestra vida privada poniendo por encima de todo el bienestar, la tranquilidad de Villalba, aún observando claramente de donde y por quien se nos dirigía el golpe. Hoy volvemos a la lid serenos y tranquilos como siempre, a luchar por el progreso y engrandecimiento de nuestro pueblo, a perseverar en nuestra conducta libre y patriótica ciudadanía contribuyendo con nuestro grano de arena a levantar el grandioso edificio de una España nueva, libre de arcaicos perjuicios, de fulanismos detestables, de egoísmos odiosos... Así pois parece que as voces, artigos e opinións, que o «Heraldo de Villalba» acollía non eran do gusto e acomodo dalgún dos vellos dirixentes da vida local ou dos que na sombra pretendían acadar postos de goberno municipal.

Estrada de Meira. Continúan as obras. Póxanse agora as correspondentes ó tramo terceiro.

El Central Gallego. Continúa outro ano máis, e xa non se leva a conta de cantos van, a controversia sobre o trazado do ferrocarril e a clámase para que Vilalba teña vía férrea. Agora existe a pretensión de construír o denominado Central Galego que uniría Pontevedra con Lugo con ramal á costa. Existe a posibilidade de que o se trazado sexa construído próximo a Vilalba. O Concello, consciente da necesidade deste medio de transporte e da prosperidade que suporá para a comarca, fai un ofrecemento de 1.500.000 ₧ e doutras 750.000 ₧ se hai un ramal que vaia cara a Viveiro, sempre que pase a unha distancia inferior ós 2 km da vila.
A idea é saudada con entusiasmo malia que supoña que o Concello deba hipotecarse durante 30 anos: Villalba quiere el ferrocarril...
Si la veloz locomotora se acerca a nosotros, si nos trae el himno de la riqueza, del progreso y del trabajo a una distancia prudencial, para que todos lo escuchemos en las recias propulsiones del vapor, todos, todos sin distinción abriremos nuestra bolsa y durante veinte o treinta años nos impondremos la carga que se estime necesario para legar a nuestros hijos ese timbre de orgullo.

† Santiago Mato Vizoso. Quen durante moitos anos fora o director da banda municipal, quen resolvera con entusiasmo os múltiples atrancos sufridos para que esta institución ofrecese música ós vilalbeses, quen compuxo numerosas pezas hoxe esquecidas como o «Alalá de Vilalba» ou «Xan Soldado», faleceu nestas datas.
Á hora de nomear o substituto produciuse no Concello un alboroto entre concelleiros. Había quen sostiña que a tal banda, como municipal, non existía. E mentres os músicos debían abrir unha subscrición popular para que os domingos de verán houbese música no paseo. Todo un caso de ineficiencia municipal, de intereses mal canalizados, de falta de sensibilidade pola cultura musical e posiblemente de envexas non confesadas.

Natalicio. Con toda felicidade, Corsina García Montero, esposa do noso amigo Agustín López Arias, deu a luz unha fermosa nena.

† Juan Ramos Cabado. Fora párroco de Vilalba e entusiasta membro da Comisión Executiva para a construción do hospital asilo. Faleceu no Valadouro, na casa dun seu sobriño tamén párroco, onde se retirara por motivos de saúde. O seu enterro e funerais foron moi concorridos tanto por persoas daquela localidade como doutras próximas.

Obras necesarias. O «Heraldo» de 25 de maio volve repasar, unha vez máis, as obras que Vilalba precisa: o camiño veciñal a Lanzós, un matadoiro, pavimentar as principais rúas, reconstruír as pontes e camiños coas principais aldeas, ampliar o cemiterio,...

Preguntas. Fainas «Un curioso» o 25 de maio:
–Por que non se publican as contas dos gastos ocasionados na confección dos castelos colocados na estrada ó paso do señor Primo de Rivera? Dise que se gastou moita tela.
–A canto ascendeu o empregado en pinturas e amaños no edificio co Concello e os traballos feitos polo concelleiro señor Chanot?
–Quen pagou os gastos da grotesca viaxe a Bande, en persecución rabiosa contra dos señores párrocos que ían visitar o señor Basanta, desterrado naquela vila? Dise que foron os concellos do partido e nese caso, como o xustifican?
É alcalde de Vilalba, José Novo, director que fora de «A Xusticia».

Comisión Executiva de 31 de maio. Respóndese ás preguntas formuladas polo «Centro Villalbés» de Bos Aires sobre as obras. O mesmo asunto xa se despachara coa «Unión Villalbesa» da Habana.

O alcalde, señor Novo, indígnase co «Heraldo» polas críticas recibidas. E iso que «A Xusticia» non era escola de respecto nin cátedra de comedimento onde todas as durezas da linguaxe tiñan asilo.

Comisión Executiva de 23 de xuño. Acórdase iniciar a extracción de pedra da canteira situada na parte de atrás do edificio para facer o valo de peche do terreo circundante do edificio.

Reunións da Comisión Executiva. Meses de xullo e agosto. Acórdase adxudicar e sacar a poxa:
–A construción das luces restantes: 25 ventás e 1 porta. Adxudícanse ó carpinteiro Juan Fernández polo prezo de 3.931 ₧.
–O lucido con cal da parte exterior do edificio. Adxudícase a José Paz e Francisco Santalla por 1.764 ₧.
–As escaleiras de granito da fronte exterior do edificio.
–Os pisos e faiado da á esquerda e comprar a madeira necesaria a tal fin.
–Para a festa da flor a celebrar o 1 de setembro, nas festas de San Ramón, acórdase comprar tres milleiros.
Da actividade obteríanse 618,20 ₧. As señoritas postulantes foron: Carmen González, Blanca Tomé, María Teresa Bouza, Natalia Eimil, Raquel Soto, Dolores Prieto, Remedios Carballeira, Regina López, María Criado, Pilar Marco, Amadora Seco e Luísa Rego.

Comisión Executiva de 25 de outubro. Acórdase mercar un balcón de ferro para a fronte do edificio.
Dáse conta das seguintes doazóns:
- 250 ₧ do chorado párroco, Juan Ramos Cabado.
- 1.000 ₧ que o Concello tiña consignadas para as obras.
- Un armario e un chineiro, doazón de María Luisa Dopico de Vázquez.

Comisión Executiva de 30 de outubro. Adxudícanse as escaleiras da entrada a Luís Celeiro Castro e José Antonio García Baamonde polo prezo de 995 ₧ e un prazo improrrogable de execución de cinco meses. Para o lado esquerdo do edificio sácase a poxa a compra de 220 pontóns de 250x 7 x12 cm. de madeira de castiñeiro, sen cebolo, nin de árbore seca de pé; ou de carballo sen ningún samo. O subministro adxudícase o 14 de decembro ó señor Peón Soto, de Vilalba, que os ofreceu de castiñeiro.
O Hospital asilo de Vilalba (23)
Pombo Mosquera, Xosé Antonio
Pombo Mosquera, Xosé Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES