Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ver para crer

jueves, 05 de marzo de 2015
Calquera persoa pode comprobar como cambian as circunstancias nos últimos tempos.

Moitas das persoas que agora pasamos dos sesenta, podemos lembrar como era a vida no medio rural galego na nosa infancia:

-Cociñábase na lereira con leña e unhas trébades enriba.
-Aprendemos a ler á luz do candil.
-Vimos chegar a luz eléctrica.
-Non había auga nas casas. Había que ir á fonte, pero algúns
afortunados xa tiñan pozo ó pé da casa
-Non se coñecía o butano nin o propano, por suposto. Nin soñalo.
-Dormíamos en xergóns de folla de millo ou de virutilla e algunhas veces en colchóns de la de ovella. Pero esto xa era pouco menos que un luxo.
Coñecín algún caso que durmía na palla.
-Poucas persoas continuaban estudios, etc, etc. A maioría faltaba moito á escola porque tiña que axudar nos labores agrícolas.

Explicarlle esto ós nenos de agora seguramente resultará difícil e seguramente pensaran que nos tocou nacer na prehistoria.

O caso é que con tan poucos medios, algúns dos que apredemos a ler á luz do candil, conseguimos facer estudios uiversitarios e ocupar postos de responsabilidade na sociedade que nos tocou vivir.

¿Como fixemos?
Pois a fórmujla é ben sencilla: empregando moito tempo en aprender de memoria absolutamente todo: desde o que era un porto de mar ó que era un porto de montaña, os nomes dos montes, dos ríos, das batallas, dos conceptos matemáticos, dos químicos e así sucesivamente.
Para min –que me tocou nacer cerca do mar- foi toda unha novidade comprobar por experiencia propia o que era un porto de montaña.

O primeiro porto de montaña co que me atopei foi o de Pedrafita do Cebeiro cando empecei a saír do niño.

O primeiro barranco foi o de Pancorbo e o segundo o de Despeñaperros.
Cando cheguei a ver e pasar por estes lugares comprendín perfectamente o que tempos antes estudiara sencillamente utilizando ese recurso tan valioso que temos no cerebro humano: a memoria.

Nunha ocasión ía viaxando una noite de verán cun calor asfixiante pola Meseta e pasei ó pé dun río.

Tiña moita sede e non se me ocurriu outra cousa que pararme a beber e …¡sorpresa!

Aquela auga estaba contaminada e bo caro me costou descontaminarme.
Por que me pasou eso?
Porque en Galicia a auga dos ríos e regatos valía para beber. De pequena escoitra que: “auga corrente non mata a xente”

Seguramente que o tema da contaminación aínda non mo explicara ninguén.

Tamén sei de varios casos que lles deron destino en Andalucía e ó chegar a Despeñaperros deron volta porque os seus ollos non daban creto ó que vían e non se imaxinaban o que había ó outro lado.

¿Por qué fago todas estas confesións?
Porque naqueles tempos aprendíamos sen ver. Captábamos as explicacións do profesorado como Deus nos daba a entender porque daquela non tiñamos diapositivas, nin vídeos nin farrapos de gaita.
Por non ter non tiñamos nada, pero eramos moi ricos porque tiñamos capacidade de esforzo e sacrificio e -por saír adiante- eramos capaces de esforzarmonos ata o límite.

Aquelas persoas que a día de hoxe estamos xubiladas e xubilosas, fomos as que lle demos o maior dos pulos á industria e ós adiantos dos que todos gozamos na actualidade.

Hoxe en día os nosos nenos non teñen máis que premer a un botón e xa ven como é Despeñaperros ou Pedrafita ou calquera outro punto do mundo mundial.
Hoxe en día os nosos nenos dispoñen de moitos medios. Eso é debido ó que deixamos loitado as xeracións anteriores.

¿Por qué tendo de todo hoxe en día aínda hai moitos nenos que non o aproveitan?
¿Será porque lles falla a lei do esforzo?
¿Parámonos a explicarles que según nós fomos capaces de esforzarnos, eles tamén o son?

¿Será porque lles falta fe neles mesmos e fe no futuro e tamén nese Ser Superior que os cristiáns chamamos Deus?
¿Cantas veces non dixemos nós aquelo de:
- “ NON HAI BEN QUE POR MAL NON VEÑA”
-“ A DEUS ROGANDO E CO MAZO DANDO”

¿Será porque lles falta unha boa dose de humildade?
¿Saben os nosos nenos de quen son fillos, netos e bisnetos?

¿Será porque os educamos cos pés no aire?
(“¡Que eles non teñan que pasar tantas como pasamos nos!)
(Que non se traumaticen…)

¿Estaremos construíndo castelos no aire?
¿Ou sería mellor poñer os pés na terra e seguir construíndo o mundo que nos deixaron os nosos devanceiros?
¿Onde quedan os esforzos dos nosos antepasados?

Cando eu era nena para explicarnos a fe en sentido relixioso dicíannos que fe é crer o que non vemos e …¡que curioso!
Nós conservámo-la fe sen ver.
Hoxe ven e non cren.

Certamente que é moito mellor ver para crer, pero …
¿Pode verse todo?
¿Pode tocarse todo?

¿Pode verse o aire que respiramos?
¿Ou son os seus efectos os que podemos comprobar?

¿Pode verse o amor que nos temos?
¿Ou son as manifestacións do mesmo as que sentimos?

¿Pode verse o sufrimento?
Ou son os seus efectos na cara de quen sofre?

A min paréceme que hai que deixar un ESPAZO PARA O MISTERIO porque a capacidade do ser humano séntese incompleta sen ese espazo.

“ESPAZO PARA O MISTERIO”
Sobre eso, escribirei algo no seguinte artigo.
Graciñas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES