Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Solidariedade con Coia (Vigo)

martes, 17 de febrero de 2015
Os alumnos e alumnas da Uned Senior de Xestoso(A Coruña), xunto co noso coordinador Luís Ángel Rodríguez Patiño, queremos manifestar a nosa solidariedade cos veciños e veciñas do barrio de Coia, en Vigo.

Nos últimos anos do pelotazo inmobiliario, construíronse gran cantidade de rotondas, que non están mal para axilizar o tráfico. O que si é unha aberración o feito de enchelas de ferros oxidados e doutros materiais con formas diversas e estrafalarias, que, algúns chaman esculturas, e que, na maioría dos casos(con raras excepcións), son pezas sen ningunha calidade artística, que custaron un montón de diñeiro e que rematarán tiradas nalgún rincón, aumentando a cantidade de lixo e contaminación.

No caso do barrio de Coia, en Vigo, o alcalde, Abel Caballero, pretende instalar un barco nunha das súas rotondas. O lugar dos barcos é o mar ou os portos. E se a historia deste barco é tan importante, a xuízo do alcalde, que se instale no museo do mar, para ser visitado por quen estea interesado. O que non se pode facer é levar a cabo un proxecto, a espaldas dos veciños e veciñas, gastando un presuposto que é necesario para cubrir necesidades de emerxencia social, que están padecendo moitísimas familias deste barrio e doutras zonas de Vigo.

Un alcalde que goberna en contra dos intereses dos veciños e veciñas, que non ten en conta o seu sentir e a súa opinión, que malgasta o presuposto municipal en obras superfluas e innecesarias, que responde ás peticións cidadás con cargas policiais, detencións e multas, non é a persoa idónea para dirixir un concello, nin velar pola calidade de vida e o benestar da súa poboación. Porque os impostos que se pagan son para cubrir as necesidades máis elementais dos veciños e veciñas, non para malgastar en obras que non aportan ningún beneficio a ninguén, nada máis que á empresa construtora e, quizais, aos donos do barco. Isto ten un nome, e chámase malversación de caudais públicos.

Polo tanto, desde aquí, pedímoslle ao alcalde de Vigo, señor Abel Caballero, que escoite aos veciños e veciñas, que paralice este proxecto, e que invista o presuposto en paliar os problemas de tipo económico e social que afectan a moitas familias do barrio de Coia e de toda a cidade de Vigo. E, se non ten pensado facelo, por favor, DIMITA, e deixe paso ás persoas que estean dispostas a gobernar para a xente, para mellorar o seu día a día, e que poidan vivir con dignidade.

E queremos manifestar o noso total apoio ao comunicado conxunto elaborado por un gran número de asociacións e colectivos, para amosar a súa solidariedade cos veciños e veciñas do barrio de Coia, que están a sufrir as inxustas políticas do seu alcalde.
Uned Senior Coruña
Uned Senior Coruña


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES