Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A paz

jueves, 05 de febrero de 2015
A paz consiste na armonía entre diferentes grupos sociais, persoas, relixións… Algo moi difícil de conseguir xa que as diferenzas fan que sexa case imposible.

Todos os conflitos orixinan guerras que acaban con todo, pero que favorecen a unha minoría.

O deporte é perigoso no sentido de que a tensión que se sufre durante un partido de fútbol, baloncesto… libérase en forma de insultos, loitas e moitas outras actividades deste tipo.

Nos colexios cando estás xogando ao fútbol ou a outro deporte e o estás intentando e non paras de perder, comezas a perder un pouco a noción da educación e comezas a insultar aos teus compañeiros sen que eles teñan a culpa ou ao mellor si.

Tamén hai chavales que se toman moi en serio o que están facendo que se enfrontan mediante piques, e é aquí cando o profesor intervén e castiga aos dous mandándoos para a aula de convivencia ou poñéndolles unha falta de orde.

Eu penso que a paz é case imposible de conseguir porque, en calquer momento da nosa vida actuamos dunha maneira violenta, provocada polas hormonas ou outras causas.
Castro González, Francisco
Castro González, Francisco


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES