Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Visita ao Carballiño

miércoles, 04 de febrero de 2015
Visita ao Carballiño e ao Castro de San Cibrao de Las


Os alumnos e alumnas da Uned Senior de Xestoso, acompañados polo noso coordinador D. Luís Ángel Rodríguez Patiño, e o noso profesor D. Felipe Senén López, viaxamos ata o Carballiño, para visitar o templo da Veracruz e o castro de San Cibrao de Las.
Visita ao Carballiño
Como sempre, D. Felipe foinos explicando todo o referente ao recorrido da viaxe. Cada pobo, con toda a súa bagaxe cultural, cada rincón da paisaxe, etc... Así, desde Montesalgueiro, pasando por Curtis, este era o camiño de feirantes, arrieiros e romeiros, que recorrían estas terras, dando vida ás vilas que naceron ao seu carón: Melide, Lalín, O Carballiño.

Comarca regada polo río Ulla, zona moi fértil e rica en madeira e gandeiría, dominada pola antiga fidalguía, con grandes pazos, como o de Borraxeiros. Dona Emilia Pardo Bazán escribiu “Los Pazos de Ulloa” inspirada nestas terras, que se sitúan no corazón de Galicia. Zona de mosteiros, como o de Sobrado e Oseira. O Monte Faro cerca de Chantada e Melide.

Ao atravesar o río Ulla, D. Felipe falounos da vella ponte, de 1.850. En Berredo, da familia Liñeira, fundadora dos almacéns La Palma, na Coruña. Do santuario da virxe do Corpiño. Das minas de wolframio. Logo, a emigración.

En Agolada, os alpendres da feira, do século XVIII. En Goiás, a famosa meiga, curandeira. Logo, Lalín, hoxe, cidade industrial, moi promocionada por políticos como Xosé Cuíña, co gran edificio do Concello. O astrónomo Aller Ulloa, co laboratorio astronómico. A carballeira de Catasós. As industrias de embutidos, de roupa, etc.
Visita ao Carballiño
Pasando Lalín, cara o alto de Dozón, o noso profesor falounos da xente destas aldeas que traballaron nos túneles do ferrocarril Ourense-Zamora, e que enfermaron de silicose. A familia de Camilo José Cela procede desta zona. O monte Faro e o Martiñán no horizonte.

Seguimos cara O Carballiño, por terras de panadeiras de Cea. Non lonxe está o santuario de San Benitiño do Marañao. Os santuarios e romerías deron moita vida a estas terras do Miño, do Barbantiño, do Avia e do Arnoia.

E, por fin, o templo da Veracruz. Aquí, D. Felipe ten que facer o esforzo de non emocionarse, pero nunca o consegue. Pois, nesta igrexa, recibiu a Primeira Comuñón de mans de D. Evaristo, sacerdote impulsor do templo. Nos anos corenta, en plena posguerra, un cura, uns canteiros, un mestre construtor e un arquitecto, Antonio Palacios, xunto ao apoio popular e tamén dalgún ministro do réxime, fixeron posible esta gran obra, que, feita en granito, é unha mezcla de estilos arquitectónicos, todos moi representativos da cultura e a arte galega.

Desde a torre en forma de cruceiro, pasando polo arco parabólico cos doce apóstolos á zona da luz. Oito columnas octogonais, en recordo das oito persoas que, en 1.909 morreron en Oseira. O grandioso Cristo do altar, do escultor Aldrey. Cada pedra ten unha labra diferente e, detrás de cada unha, hai a historia dun canteiro. A xirola, arredor do altar. No centro, o sagrario de prata. A tumba de D. Evaristo. É este da Veracruz un templo grandioso, da mesma época que a Sagrada Familia de Barcelona.

Pola tarde, fomos ao castro de San Cibrao de Las, un dos xacementos castrexos máis importantes do noroeste peninsular. Habitado desde o século II antes de Cristo ata o II despois de Cristo. Polo tanto, é un castro xa moi romanizado. Primeiramente, visitamos o centro de interpretación, con diferentes paneis e vitrinas con restos atopados nas diferentes escavacións que se levaron a cabo, nos anos vinte, por López Cuevillas, e nos anos oitenta, por outros arqueólogos. Aquí, o noso profesor foinos explicando todos os aspectos da vida na época castrexa. Logo, subimos ao castro, e D. Felipe fíxonos observar as diferentes murallas e foxos. As portas de entrada, os postos de garda, as rúas. As diferentes construcións circulares, cadradas e rectangulares, que cumprían todas elas a súa función. A fonte alxibe. Subimos a acrópole. Desde arriba, puidemos contemplar a extensa paisaxe que rodea o castro, estratéxicamente situado, nunha zona rica en minería de ouro, ferro e estaño. O río Miño ao fondo. O monte Faro ao lonxe. O mesmo que Manzaneda e outras serras limítrofes. San Torcuato e San Vintila cristianizaron estas terras, en tempos antigos. Pedras que representas picos cercanos. Unha coa inscrición IOVI, que se refire ao Deus Xúpiter, etc...

Finalizada a visita, baixamos polo ribeiro do Barbantiño, deixando o Miño á dereita e dirixímonos de novo cara O Carballiño, onde tomamos o camiño de volta.

Foi un día marabilloso, iluminado polo sol, recorrendo paisaxes moi fermosas, vendo cousas interesantísimas e, o máis importante, dirixido por este “libro aberto” que é D. Felipe Senén López.
Gracias a todos.


Lourdes Pérez Freire é alumna da Uned Senior de Xestoso.
Pérez Freire, Lourdes
Pérez Freire, Lourdes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES