Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Suso de Vicentiño

lunes, 26 de enero de 2015
Resulta difícil entender Os Vilares dos últimos 50 anos sin Jesús Veres Vázquez, que foi activista antes que político, solidario antes que interesado, traballador antes que líder.

Jesús Veres, coñecido nos Vilares como Suso de Vicentiño de nome de tribu, estivo desde ben mozo Suso de Vicentiñopelexando e liderando loitas pola mellora da calidade de vida dos vilaregos en diferentes frentes, desde a construcción de escolás en procesos mesmo de enfrontamento coas autoridades da época, a construcción de estradas e viais, a creación da asociación de veciños, e a modernización das explotacións agrarias man a Man con Alfredo Iglesias, aquel lembrado técnico de extensión agraria co que percorreu casa a casa da parroquia convencendo e axudando á xente a modernizar e mecanizar as súas granxas agrícolas e mesmo a creación da cooperativa dos Vilares.

Non houbo iniciativa nese pasado recente na.que.Non teña participado e mesmo liderado, na Comunidade de montes, a creación da Romería Labrega da Chaira que cumple este ano a súa 25 edición (algo que non é fácil) antroidos, festas, e accións desenvolvidas desde o concello no que é concelleiro decano.

Sin entrar na súa labor política, opinable e mesmo criticábel dependendo quen a xulgue, e entre os críticos me inclúo, a valoración obxectiva da súa labor histórica na parroquia, é incuestionable no positivo e así debe ser recoñecida.

No presente ano ten participado tamén na promoción de Díaz Castro no seu ano das letras galegas e promocionado a parroquia nese contexto, e A Romería Labrega adicou a edición ao poeta dando o mestre Xulio Xiz (amigo de Díaz Castro) o pregón da edición 24. Algo tivo que ver tamén o Suso.

Algún día, a parroquia deberá recoñecer a Suso o seu traballo nun acto de xustiza merecida fora de intereses e connotacións partidistas que moitas veces tapan, ocultan realidades, porque na súa relación cos Vilares ten máis de haber que de debe, ten moito máis que moitos.

Suso é non só unha testemuña dos últimos tempos dos Vilares, sinón un activo de todos os cambios acontecidos, coñecedor a fondo da parroquia é das súas xentes, non són un vilarego de nacencia, porque ademáis leva Os Vilares nel.
de Guizán, Antón
de Guizán, Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES