Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lembranzas dunha vida (44)

miércoles, 21 de enero de 2015
Recordando o lúpulo na Comarca de Betanzos


A mediados do século pasado, apareceu unha planta nova nesta zona. Extensión Agraria regalaba a planta.
Daba unha axuda para os postes, que había que poñerlle, pois era trepadora. Terían uns tres metros, aproximadamente. Subía moi alto. Botaba as flores desde abaixo. Había que guiala para que enganchara no pao. As flores eran coma uns capullos froxiños; tiñan moito olor.

Recollíase a finais de agosto. Daba moitos xornais, pois facía falta moita xente. Pagábanlle por kilo. A maioría dos nenos ganaron o seu primeiro soldo collendo no lúpulo. Levábase a Betanzos, a un secadoiro, que era o único que había. Algún poñíano de primeira, outro de segunda e algún de terceira. Ata había algún encargado que o mandaba tirar. Tiñan pouca consideración. Como mandaban, podían abusar. Os colledores, cun cesto e un saco. Logo, á noite, pesábano. Ao acabar a colleita, cobraban.

Con estas flores de lúpulo secas, con outros ingredientes, facíase a cervexa. Non era gran riqueza, pero a bisbarra de Betanzos mellorou. Había que pagar para levalo ao secadoiro, para recollelo, alambralo; daba moitos xornais. A xente tiña con que gobernarse. Pero, durou poucos anos, a pesar de que a produción era boa. Outros interesados, con máis poder, levaron a produción para outra zona, as alambradas e maquinarias tiradas. Foi unha perda para a comarca de Betanzos. Sempre pasa así. O poder fai o que quere. Non mira as necesidades dos máis débiles. Así nos tratan aos galegos.
Rodríguez Cabanas, M. Francisca
Rodríguez Cabanas, M. Francisca


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES