Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lembranzas dunha vida (43)

miércoles, 14 de enero de 2015
Recordando á avoa Benita


Casouse moi nova. Para o outro día da voda, foille chamar as vacas a arar ao home. Xa chorou, pois reñeulle e pareceulle mal. Chamar as vacas era difícil. Os aradores sempre reñían. Tivo once fillos. Sete chegaron a maiores. Unha nena morrera aos doce anos. Sempre falaba daquela nena con cariño; dicía que era moi boa. Cando tivo o último fillo, estivo moi mal, pois de todos os partos, non foi ningún médico nin ao hospital. Estando tan mal, ela e mailo avó, ofrecéronlle a prenda máis estimada a Santa Minia, se sanaba. Todo foi ben. Sanou a avoa, e aprenda máis estimada era a mantilla da voda. Aló foi o matrimonio a Santa Minia. Levoulles tres días, pois foron a pé. Entregaron a mantilla á santa. Logo, esperaron ao final, cando vendían a esmola, e comprárona outra vez. A mantilla custoulles vinte e cinco pesetas. Naqueles tempos, era moito diñeiro. Xa quedou feita a ofrenda.

O avó morreu novo. A avoa tiña noventa e sete anos. Xa o fillo maior era vello. A vida non perdoa. Só quedan os recordos, as vivencias. Son a súa neta, con setenta e cinco anos.

Na casa dos avós, sempre había patacas peladas no vertedeiro, nunha tina branca. Era o traballo das mulleres maiores. Recordo, sendo nena, ía con meu pai ao Entroido. A avoa sacaba da artesa un prato de freixós, unha fonte de carne coa cachola do porco. Alí estaban nai e fillos xuntos, contando os avatares da vida.

Pola noite, para volver a nosa casa, o tío facíanos un fachuzo. Era de noite; non se vía nada. Naqueles tempos, os ríos ían cheos de auga. Polos cómaros baixaban correntes de auga. Había por todas partes, cousa que agora non se ve tanta.

Dá gusto ver os irmáns, pais, tíos, primos xuntos. Cando somos maiores, valoramos moito a amizade, ver os fillos unidos. Así, os patrucios estamos contentos.
Rodríguez Cabanas, M. Francisca
Rodríguez Cabanas, M. Francisca


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES