Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Hospital asilo de Vilalba (15)

jueves, 08 de enero de 2015
Ano 1917


«Noche de leyendas». A zarzuela con este nome estreouse na velada antoniana que se celebrou o día 7 de xaneiro. Foron os autores Ant. García Hermida, letra, Santiago Mato Vizoso, música.

A guerra submarina. Nos primeiros días do ano os submarinos alemáns afundiron varios barcos preto da costa de Viveiro. Tripulantes dun destes barcos pasaron en automóbil por Vilalba. Tamén se di que foi afundido un somerxible U-46 había poucos días, procedentes de Viveiro, pasaron no automóbil de liña cinco alemáns que podían pertencer á citada embarcación. Parece que entre eles estaba o comandante.

«Regionalismo gallego». Baixo este titular publica «Galicia Pintoresca» un artigo de opinión asinado polo pseudónimo de Florencio de Médicis. Resúmese nas súas palabras finais: ...lo que más deseamos, como expresión de este regionalismo, son vías de comunicación, caminos vecinales, centros de cultura; imitemos los residentes en Galicia a nuestros coterráneos en las repúblicas americanas; así como ellos hacen, es como se fomenta el regionalismo sano y verdadero; estos gallegos son dignos de loa y nosotros no escatimamos para ellos el caluroso aplauso que merecen.

O asunto do ferrocarril. Transcríbense apoios á obra por parte de persoas influentes procedentes de todos os ámbitos sociais.

«Galicia Pintoresca». 20 de febreiro de 1917. El 4 del corriente salieron a la mar unos cuantos marineros de San Ciprián con el fin de apresar unos cuantos bocoyes vacíos que flotaban en aquellas inmediaciones, pero con tan mala fortuna que después de tener cargado el bote tres de aquellos y de regreso hacia la playa, un golpe de mar hundió el barquichuelo, ahogándose uno de los tripulantes. Es grande el número de bocoyes que se ven desde los puertos de Burela, Roentu, San Ciprián, Lago y Morás, sin duda alguna proceden de un barco francés torpedeado; casi todos ostentan las iniciales S.M. y unas contraseñas que acreditan su procedencia.

«Juventud Agraria de Lanzós». Constituíuse esta sociedade. Á súa fronte, como presidente, o entusiasta Cosme Sacido Ramil. Ten por finalidade a axuda mutua no campo, os seguros do gando, a unión para mercar fertilizantes, a incorporación de técnicas modernas de explotación de cultivos... As sociedades agrarias tiveron moito éxito na colectividade do campo da comarca. Algunha delas, como a de Santaballa, aínda perdura na actualidade baixo similar denominación.

O Hospital asilo de Vilalba (15)Os que marchan. En abril de 1917, nun emotivo artigo, o xornalista José E. Chanot despide os irmáns Antonio e Arturo Rego Gayoso. Dirixíndose a eles formula a pregunta retórica: -Tendo para comer é estraño que marchen estes dous fillos da terra vilalbesa? A resposta non se deixa agardar: -Aquí teñen pan... pero o home necesita un porvir, necesita buscar, aínda que sexa na emigración, un medio de prosperar polo traballo e a virtude, unha posición algo máis desafogada para a vellez, xa que os desherdados da fortuna non temos na actualidade outros medios. Remata o escrito entre palabras de consolo para os pais e de ánimo para os mozos. Días máis tarde os mozos embarcaron na Coruña no vapor Alfonso XIII. Tres anos máis tarde faleceu na Benéfica, o hospital do Centro Galego da Habana, Arturo. Nese tempo de procura de fortuna xa ocupara o cargo de secretario da sociedade «Progreso de Lanzós». No mesmo mes de abril de 1917 falecería o seu avó paterno, Antonio Rego Alvariño, en San Martiño de Lanzós, de onde procedía a familia.

Dúas escolas máis. Foron creadas para Vilalba e dotadas co soldo de 1.000 ₧ anuais, segundo informacións da prensa de maio. Era unha aspiración da xente en xeral e do Concello en particular.

Terreo para a escola de San Simón e Samarugo. Foi mercado en 1.500 ₧ pola «Unión de San Simón e Samarugo». Era daquela o seu presidente Eulogio Coira que estivo representado perante o notario da vila, Eulogio Goás Pardo, por Francisco López Arias.

«El Progreso Santaballés». Así se denomina a sociedade agraria constituída no mes de maio na parroquia de Santaballa. Presídea o celoso párroco Domingo Pérez Ocampo.

Sociedade agraria de Mourence. Formalizouse no mes de xuño baixo a presidencia de Lorenzo López. Era secretario Melchor Montes, cura nacido na parroquia.

Beirarrúa na avenida do Progreso. Quedou feito o tramo que vai pola beira esquerda ata a rúa do Desexo. Parece que logo vai ser acabado o tramo dereito.

Jesús Rouco Cortiñas. Chegou, procedente da Habana, o 4 de agosto. Sabemos del que foi un dos fundadores e primeiro presidente da sociedade «Unión de San Simón y Samarugo», logo retomaría o cargo e exercería de tesoureiro. Polo seu traballo mereceu ser nomeado presidente de honor. No período de 1915 elixido secretario da «Unión Villalbesa y su Comarca» e acababa de ser nomeado o seu presidente. Integraba a asemblea de apoderados do Centro Galego e ostentaba o cargo de apoderado da «Colonia Española de Cuba», sociedade na que exerceu como presidente da sección de orde durante 1916. Foi un dos homes máis relevantes na colonia de vilalbeses establecida en Cuba. De entre as misións que traía destácase a de realizar unha homenaxe ó ilustre vilalbés Manuel Mato Vizoso.

Festas de San Ramón de 1917. Houbo novidades: iluminación eléctrica na praza da Constitución, na avenida do Progreso e nas escaleiras de entrada á alameda; actuación da banda do rexemento Isabel La Católica, do coro ferrolán Toxos e Flores e cine público na alameda. Tivo lugar a prevista homenaxe a Manuel Mato Vizoso e colocouse unha placa conmemorativa na casa onde viviu.
O Hospital asilo de Vilalba (15)
Pombo Mosquera, Xosé Antonio
Pombo Mosquera, Xosé Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES