Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lembranzas dunha vida (38)

miércoles, 10 de diciembre de 2014
Que bonitas son as rías da nosa Galicia!

Con trinta anos, dous nenos pequenos, no ano sesenta, viaxaba a Vigo, sempre en tren. Gustábame ir na ventanilla que dá ao mar. Logo, naceron dous nenos máis. Gustábanos ver as barquiñas nas beiras das praias. O tren era moi lento. Leváballe case todo o día. Había moita xente nas estacións para subir e baixar.

Agora, xa maior, volvo a Vigo. Teño o fillo máis novo traballando alí. Aínda me gusta ver esas barquiñas que están esperando as mans encalecidas dos mariñeiros, para levar pan para os fillos. Algunhas xa están moi vellas. Canta historia terán!

Tamén me gusta ver as bateas. No ano sesenta, poucas había. Agora é diferente. Están en ringleira, firmes. Non sei como o mar pode con tanto. Compároas coas árbores dunha horta; eles firmes cara o ceo; as bateas mirando o fondo do mar, con tanto froito. Debe dar gusto ver iso.

No tren, desde Vigo a Santiago, soben moitos estudantes. Algunhas parellas queréndose... Que bonito é quererse. Que mala é a guerra. Tanto sufrimento. Tamén me gusta ver a terra traballada, con tomates, coles, patacas, etc... Unha casa que ten arredor plantado, di como son os que viven nela.

Gústame ver os ríos desde Santiago a Coruña; van caladiños, pola sombra, no verán. De inverno, os raios do sol fannos brillar, dando voltas por prados e leiras. Desde o tren non se sabe para que lado corre a auga. Canta historia terá esa auga. Canto ben fará ao longo da súa vida, pois nunca morrerá.

Un saúdo á xente que traballa no mar, e tamén na terra.
Rodríguez Cabanas, M. Francisca
Rodríguez Cabanas, M. Francisca


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES