Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

López Nogueira e o galego

miércoles, 26 de noviembre de 2014
A Irmandade da Sanidade Galega (ISAGA), organización que agrupa a traballadores da sanidade comprometidos na defensa do idioma galego, realizará o próximo sábado, día 29 de novembro, a súa 4ª Asemblea anual. Neste acto, que se celebra na Facultade de Medicina de Santiago, incorporaranse corenta novos irmandiños, que asinarán o seu compromiso persoal para promover o uso da nosa língua no ámbito sanitario.

Os estudios revelan que, nos últimos tempos, estase a producir unha reducción progresiva do uso do noso idioma. Podemos falar, sen caer no alarmismo, que o galego corre o risco de desaparecer como língua viva nos próximos anos. Cando morre unha língua morre un mundo, escribía o xornalista Félix Soria nun artigo recente. Cando un idioma desaparece tamén se vai unha forma de entender a vida, de relacionarse coa existencia e cos demais. A lingua non é propiedade de quen a fala senon que pertence á Humanidade enteira, e os falantes temos a obriga de protexela e usala, do mesmo xeito que se protexe a biodiversidade. A nosa lingua está en risco e os actuais gobernantes non asumen o seu deber de protexela. A perda dun idioma como elemento vivo dunha sociedade non sería só un fracaso político. É un fracaso de toda a sociedade e unha responsabilidade colectiva frente ao mundo enteiro.
Por iso cómpre sumar vontades para ir todos no mesmo sentido: protexer e potenciar o idioma como un dos bens máis importantes da nosa vida colectiva, como o feito cultural máis importante do país.

Nesta dirección camiña esta Irmandade, que pretende potenciar o idioma na sanidade. Porque a realidade é que, dez anos despois da aprobación do Plan de Normalización Lingüística (PXNLG), o galego na sanidade está prácticamente ausente. Sobrevive nos centros de saúde do rural, mais no ámbito hospitalario e no medio urbano a presenza do galego é residual.
ISAGA pretende crear un impulso colectivo para que os profesionais fagan unha oferta positiva do propio idioma, e que sexa o sanitario “quen realice o camiño de aproximación lingüística ao paciente e non ao revés”.

López Nogueira e o galegoNesta xuntanza anual os asistentes reforzarán o seu compromiso coa nosa fala e tamén se vai homenaxear a figura do doutor Xosé Manuel López Nogueira, ilustre psiquiatra que exerceu a profesión en Santiago de Compostela ata o seu falecemento en 1983. Foi profesor na Facultade de Medicina, membro da xeración de La Noche, onde publicou as súas primeiras colaboracións xornalísticas. Comprometido con Galicia e co galego escribeu numerosos artigos neste idioma. Home de profunda formación intelectual, colaborou asiduamente en Grial e Vieiros. O seu amplio saber filosófico quedou recollido no libro “Dialéctica existencial y psicoanálisis”, editado por Galaxia, que ven ser, en palabras do profesor Bermejo “un formidable intento de síntese entre o pensamento filosófico e o pensamento e a práctica psiquiátricas de fins dos anos sesenta do século XX”. A figura de López Nogueira será recordada polo psiquiatra David Simón e o historiador José Carlos Bermejo. Este acto tamén contará cunha actuación musical do arpista Roi Casal.


http://pablovaamonde.blogspot.com.es/
Vaamonde, Pablo
Vaamonde, Pablo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES