Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xosé Fortes e a UMD

miércoles, 26 de noviembre de 2014
Asistín con moito interese á conferencia impartida por Xosé Fortes Bouzán sobre a UMD es os medios de comunicación organizada polo Club de Prensa, e o fixen por ser parte implicada e polo afán que tiña en saber que nos dicía un dos protagonistas daquela iniciativa da que existen variadas publicacións nas hemerotecas e librarías, e o papel que esta xogou na transición e na pretendida renovación democrática das Forzas Armadas. E baixo o meu modesto punto de vista creo que a súa disertación contribuíu a saber máis do como e o por que.
Xosé Fortes e a UMD
Cando Xosé Fortes e outros oito compañeiros son detidos (verán de 1975), as Forzas Armadas estaban formadas por un bloque monolítico onde os principios que se ensinaban nas Academias: lealdade, compañeirismo e honradez (versión militar, claro) eran columna vertebral na formación. A Milicia era unha institución que se mantiña como un elemento represivo afastado da realidade social (segundo palabras de Fernando Reinlein, protagonista daquilo). A UMD nace no 1974 coa intención de democratizar ás Forzas Armadas e como oposición a un réxime autoritario que non conviña manter no tempo. Os militares que integraban a UMD (nunca chegouse a saber cantos eran) consideraban que logo da morte de Franco, España camiñaría cara a unha democracia e o Exército non debera ser impedimento, cousa que dende dentro do mesmo viuse como unha conspiración xudeu- masónica e comunista, sendo os seus promotores detidos, xulgados e condenados.
Fortes Bouzán falou de todo isto na súa palestra e logo pasou a relatar de que xeito viron os medios de comunicación á UMD e a persecución que algúns padeceron por darlle difusión ó tema. No búnker, case inexpugnable da milicia, abríronse gretas que debilitaban o muro, fisuras polas que saían algúns lagartos (dicían os inmobilistas). A Unión Militar Democrática supuxo unha oposición ó réxime franquista cando precisamente estábanse a dar os primeiros pasos da esperada transición.
Coa morte de Franco, desaparecía, si, o ditador, pero no goberno capitaneado por Arias Navarro había moita xente adicta ó réxime que consideraba á UMD un perigo para a unidade militar e un medio para a conspiración e para a rebelión. Todo isto supuxo un verdadeiro e molesto quebracabezas para o vicepresidente primeiro para asuntos da defensa, Gutiérrez Mellado que, de pensar na absolución, logo foi cambiando de opinión. De todo isto falábase pouco e os medios de difusión medíanse á hora de facer alusión á UMD, pero algúns atrevíanse e disto falou Xosé Fortes que foi presentado polo almirante Miguel Fernández, e ambos polo presidente do Club de Prensa, Siro López.

Hai importantes achegas para coñecer o que foi a UMD: unha moi interesante de Fidel Gómez Rosa, doutorando en Ciencias Políticas da Complutense sobre a "Bibliografía básica de la Unidad Militar Democrática", por suposto o “Proceso a nueve militares democráticos” cuxos autores son o comandante Otero e o capitán Fortes Bouzán, e “Cuando las derrotas otorgan la victoria” do propio Fortes que veñen de ser uns documentos de referencia para analizar e o que significou a UMD, aquel movemento dun grupo de militares demócratas enfrontados a un réxime ditatorial.

Logo da conferencia sentámonos ao derredor dunha mesa e comprobei que Xosé Fortes Bouzán gaña nas distancias curtas e que estaba satisfeito de ver como o Exército actual non ten nada que ver co que era outrora, cando el e os seus compañeiros de aventura puxeron a primeira pedra para que as Forzas Armadas foran unha institución posta ao servizo do pobo nun estado democrático.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES