Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A liberdade

jueves, 20 de noviembre de 2014
É un concepto que significa as actividades sociais que unha persoa como ser humano pode facer e realizar. Aínda que este concepto non sempre se cumpre xa que hai persoas que por non ter liberdade, son capaces de quitarse a vida porque pensan que non teñen nada que perder.

Na sociedade, a liberdade pódese dicir, os dereitos que ten ou non ten unha persoa como: ir a escola, ter unha vivenda digna, o respecto da sociedade e moitos máis… Pero en verdade cúmprese estes dereitos?, pois na maioría dos países non porque en moitos lugares, non hai escolas, hai persoas que non teñen casa onde vivir e na maioría das cidades, pobos ou vilas, sobre todo nestes dous últimos anos.

Hai unha gran parte de persoas (pais e nais) que prefiren que os seus fillos teñan grandes amizades cos nenos e nenas, que os pais teñan un nivel económico bastante bo independentemente de se son persoas boas.

Hai algunha xente sobre todo nova que pensa que ao non ter móbil xa non ten por que vivir a diferenza de outras que sofren cousas moito peores e que deciden tirar para diante como sexa.

Tamén hai persoas que pasan por malos momentos como estar padecendo unha enfermidade grave ou por non ter o diñeiro suficiente para vivir e que deciden pola súa conta matarse e deixar atrás a súa familia, a súa vida e todo polo que habían loitado.

Por último quero destacar a falta de liberdade, dereitos ou condicións de vida que algunhas persoas desprezan e outras que nin por asomo van ter na súa vida.
Castro González, Francisco
Castro González, Francisco


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES