Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lembranzas dunha vida (35)

miércoles, 19 de noviembre de 2014
Noites de inverno


Aló polos anos corenta do século pasado, sendo nena, recordo as noites longas de inverno. Eran moi familiares.
O pai daba a cea ás vacas. A nai facía a cea para a xente. Despois de cear, todos tiñan traballo. Recordo a meu pai facendo cestos. Mamá fiando, calcetando. Os que ían á escola, repasando as leccións. Todos tiñamos os nosos deberes. Meu irmán maior cortaba o pelo aos rapaces da aldea. Tiña unha caixa de madeira. Alí, un pano branco, unha maquinilla, unha peineta e a navalla de afeitar; tamén xabón para amolecer a barba. Non tiña máis aparellos nin perfumes.

Recordo alumarlle co candil. El non cobraba nada; pero, sempre lle deixaban unha peseta de papel. A xente parolaba. Era moi familiar, pois todos se coñecían. Cos cartos que xuntaba, xa non necesitaba que meus pais lle deran nada. Como antes non había moitos gastos... Só pagar o salón. Non tiñamos coche. Andabamos todos a pé.

Na casa, había sempre un bo lume. Era a calefacción.
Os avós tiñan sempre o sitio mellor, pois a xente maior era moi apreciada (iso que non había pensións). Rezábase o rosario ás noites. A xente tiña moita fe. Os domingos, iamos á misa. Os fillos non fumaban diante dos pais ata que non viñan do servizo.

As vacas, na corte, quentaban o sobrado, co alento e a calor do esterco. O piso era de madeira.

No inverno, o labrador tiña algo de descanso: coidar os animais, facer apeiros para traballar no verán. Cando debullaban o maínzo, os nenos facían casiñas cos carolos. Os carros faciámolos de melón e nabos. Os rapaces máis grandes facían carricoches de madeira, pois non había bicicletas coma hoxe.

Os veciños xuntábanse e contaban contos. As noites do inverno daban para todo. Tamén facían mangos para as ferramentas, estacas para as viñas. Como o chan da cociña era de terra, non se estragaba. Recordo a meu irmán podando as froiteiras. Para plantar, cortáballes as puntas das raíces. A min parecíame que as cortaba moito. Pero, el entendía máis. Tamén recordo velo preparar os aparellos para enxertar. Aproveitaba o tempo de Entroido para facelo. Nun cacharro, levaba recina, palla e barro. A palla era para aguantar dos enxertos.

Aínda hoxe, con setenta e cinco anos, gústanme as noites longas de inverno. Hai máis tempo para estar coa familia, para ler, para facer o que che guste.

Os labregos non teñen títulos, pero teñen moita sabiduría. Saben en que tempo hai que plantar as colleitas, coñecen as plantas. Se teñen terra onde plantar, non pasan fame. Tamén me parece que non máis acolledores, máis humanos. Respectan moito a terra. Grazas a eles, a terra dá gusto vela. Que bonita é!
Lembranzas dunha vida (35)
Rodríguez Cabanas, M. Francisca
Rodríguez Cabanas, M. Francisca


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES