Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mirando para o ceo

lunes, 17 de noviembre de 2014
De sempre, os galegos estivemos pendentes do tempo. Os nosos devanceiros, polo tempo axeitado para a sementeira, para coller as patacas, para segar o pan... o estado do tempo naquela sociedade especialmente labrega doutrora, da miña nenez, marcaba traballos e descansos, porque garantía mantenza ou agoiraba escaseza... e había rogativas para que chovese cando a choiva tardaba, e había prantos e ofrendas cando se precisaba que o tempo cambiase para mellor.

Xa non miramos para o ceo directamente porque non nos preocupa o tempo que vai facer nas horas inmediatas senón que fiamos das prediccións meteorolóxicas que a cotío se fan a través dos medios informativos. E radios hai nas que un pode chamar para, en directo, preguntar que tempo vai facer en determinado lugar ao día seguinte ou o próximo fin de semana. Pero a maior atención despértana os espazos especiais das televisións dedicados ao tempo que conseguiron personalidade propia dentro das habituais programacións.

Se é verán, porque o tempo de praia hai que programalo, hai que estar atentos ás prediccións. Se no outono ou na primavera, para poder aproveitar as raiolas que aparezan para botarse á rúa a lembrar tempos mellores.
Pois seguimos na mesma... agora, non polo traballo senón polo lecer, pero seguimos nas mesmas de mirar para o ceo, directa ou indirectamente.

E xa que agora xa non entendemos o tempo como os nosos devanceiros, forzosamente con intermediarios.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES