Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Intencións

jueves, 09 de febrero de 2006
En tempos, invitábasenos a rezar polas intencións do romano pontífice.

Nada sabiamos de cales poderían ser esas intencións, pero entendiamos que tiñan que ser cousa boa, urbi et orbe.

Agora, as intencións son outras. As últimas coñecidas, as do voto en Galicia, que realizou Sondaxe e que se veñen de facer públicas.

Según estas “intencións”, o Partido dos Socialistas de Galicia sería o primeiro da comunidade en intención de voto cun 24,70 % dos 1.200 galegos enquisados, seguido do P.P. cun 20,3%, e o B.N.G. cun 11,00%. Para o resto dos grupos, que hai uns cantos, queda un modestísimo 0,9%.

De tódolos xeitos, a estas alturas, o partido máis votado sería o dos indecisos, que está no 33,8%, cifra moi respectable.

O Psoe sube en intención, quizáis por aquelo do “desgaste” do poder, e o B.N.G. mantense malia o de “a unión fai a forza”, o que puidera significar – exemplos hai – de que a unión só funciona nun sentido, polarizándose.

Paco Vázquez, o mellor valorado. Ségueno Touriño, Orozco, Núñez Feijoo e Quintana. ¡E mira que Quintana fai por sair nas fotos!.

Falta moito (¿moito?) para as próximas eleccións, e as intencións dos galegos, difíciles de coñecer sempre, por agora seguen a ser un arcano. Pero están ben estas enquisas, de cando en cando, para animar o ambiente e motivar ó persoal.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES