Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Hospital asilo de Vilalba (7)

jueves, 13 de noviembre de 2014
Comisión Executiva do Hospital de 18 de xuño de 1911. Se hizo no menos presente a la Junta por la Presidencia que se había hecho el replanteo por el inteligente en obras don Saturno Escudero, vecino de la ciudad de la Coruña, para el emplazamiento del recordado Hospital y que se estaba en el caso de hacer más arranque de piedra, abrir los cimientos y demás que sea necesario, procediendo resolver si unas y otras obras han de ejecutarse por administración como se llevaron á cabo las hasta aquí ejecutadas.
La Junta después de haber examinado detenidamente las ventajas e inconvenientes de realizar en una ó en otra forma las obras repetidas, y teniendo en cuenta que es muy difícil sujetar a los estrechos moldes de una subasta la apertura de cimientos y cimentación de la obra hasta colocarla a flor de tierra acordó que se lleven á cabo á medio de administración las obras necesarias hasta dejar el edificio a flor de tierra y con el conveniente soleirado, circunstancia que también aconseja la conveniencia de que el edificio sea cimentado en buenas condiciones de seguridad y de resistencia.
Por virtud de lo acordado también resolvió la Junta facultar al presidente para la adquisición de arena, cal y demás necesario al intento de que queda hecho mérito.
Acórdase, pois, realizar as obras mediante o control directo da Comisión. A decisión debeuse tomar tendo en conta que o construtor ou mestre de obras, Antonio Fraiz, era un dos seus integrantes.
O sistema permitía maior rapidez e simpleza na toma de decisións e un mellor aproveitamento dos recursos económicos.

Concurso anual de gandos. Publícase o regulamento e programa que rexerán no segundo concurso anual de gandos a celebrar o 2 de setembro, coincidindo co San Ramón. Resáltase o evento pola riqueza que supón para a comarca ó seleccionar os mellores e máis fortes exemplares e estes deberían mellorar as razas.

Contas do hospital. 1 de xullo. Con destino ás obras do hospital recibíronse donativos. Unha lista das persoas e entidades que realizaron contribucións viu a luz en «El Eco de Villalba» xunto cos gastos que ata daquela se fixeran efectivas. Destácase o envío por parte da Deputación Provincial de 4.949 Pts -das 15.000 prometidas-; do Banco de Galicia de Bos Aires, 793’10 Pts; de Daniel Rouco, de Bos Aires, 250Pts; de José Bermúdez e outros, de Lisboa, 250 Pts; do Concello de Xermade, 250Pts; de José Camba, de Cuba, 196Pts; de Calixto Varela, da Coruña, 50 Pt; de Melchor Montes, cóengo de Mondoñedo, 50Pts; dos párrocos de Maañón, San Saturnino, Ribeiras do Sor, Meirás, Pedrafita, con cantidades que oscilaron entre as 10 e as 25 Pts. Tamén de moitas outras persoas da comarca. En total xuntáronse 7.106’85 Pts.
No apartado de gastos inclúese o pagado polos solares; dereitos de notaría e facenda; por circulares e correspondencia; polos planos, 150 Pts; pola viaxe do arquitecto para ver o solar, 14 Pts; pola compra de ferramenta; polos xornais dos meses de abril -254’50 Pts- e maio -998’85 Pts-. En total 4.299’40 Pts.
Polo momento había numerario para afrontar os primeiros gastos, pero resultaba evidente que non era abondo.
Para mellor comprendermos as contribucións achegadas e os gastos realizados, recórdese os prezos deste ano: -O xornal dun canteiro, obreiro especializado, 3 Pts diarias; -Un ferrado de trigo na feira, 4,83 Pts; -Un ferrado de centeo na feira, 3’50 Pts; -Unha libra de xamón na feira, 1’25 Pts.
Do conxunto destacamos:
a) A cantidade máis elevada enviada pola Deputación Provincial, case 5.000 Pts é unha terceira parte da inicialmente comprometida.
b) Cubanos e porteños foron os que desde os inicios mostraron o seu entusiasmo facendo envíos de considerable contía.
c) Contribucións notables fixeron os párrocos, tanto de lugares próximos coma de lonxe.
d) Tendo en conta que o salario diario de cada obreiro andaba polas 3 Pts e que se debían traballar uns 25 días cada mes, resulta que en abril as obras empregaron a tres ou catro obreiros/día mentres que en maio foron trece ou catorce.

”El Ratón”. Xuño de 1911. Con esta data ve a luz un xornal que deu moito que falar mentres durou a súa publicación. O primeiro número data de xuño de 1911 e o derradeiro do 15 de marzo de 1915. Proclamábase de ideoloxía anticaciquil e situaba no seu punto de mira ó daquela alcalde, Andrés Basanta Olano, á súa familia, ós concelleiros, ó secretario, ó médico e todos cantos tiñan que ver coa rexemento municipal. Autoproclamábase como o de maior circulación de Vilalba.
Foi o seu promotor, director e principal redactor Antonio Peña Novo, home de cultura aprendida nas aulas do seminario de Mondoñedo, se ben nunca chegou ser ordenado. Publicábase mensualmente. Cada número solto custaba 10 céntimos.
Probablemente influído pola formación académica mindoniense, Antonio Peña redactaba parte do xornal en galego, sobre todo os asuntos que tiñan que ver co rural e coa sátira anticaciquil. Nesta lingua parecía chegar máis fondo ós posibles lectores.
Ben axiña entrou en controversias con «El Eco de Villalba» e nas páxinas de ambos atopamos mutuas referencias en artigos dirixidos «Al X de enfrente». Unha das cuestións das que máis parecían gozar era a de acusarse mutuamente de non saber gramática nin redacción, fose cal for o asunto que se discutía.

Asemblea Agrícola de Monforte. Do 13 ó 15 de agosto convocáronse as sociedades agrarias a debater os problemas do país relacionados coa mellora do campo. É continuidade das celebradas en agosto de 1908 e 1910. Os asuntos a debater: foros, consumos, servizo militar e libre importación de cereais, -millo e centeo-.

Antonio López Carpintero, acompañado da súa esposa, Cándida García, o correspondente e colaborador de «El Eco de Villalba» na Habana chegou a esta vila procedentes da capital caribeña, vía A Coruña. Viña pasar unha tempada na súa a terra. Tamén era directivo da «Unión Villalbesa».

O Hospital asilo de Vilalba (7)Emilio Eimil (ou Eymil). A chegada do presidente da «Unión Villalbesa y su comarca» é causa de alegría entre a poboación da comarca. Pola noticia da visita coñecemos algúns dos seus datos biográficos.
Nacera en Cuba, fillo de santaballeses. Representaba a segunda xeración plenamente establecida na illa caribeña despois do trunfo económico dos seus proxenitores.
Tanto a súa xuventude, conforme se aprecia na fotografía que se reproduce, como a súa posición acomodada permitían que dedicase tempo a dirixir a sociedade de maneira altruísta e a organizar festas nas que se recadaban fondos con destino ós fins á sociedade. Nestes momentos tamén era vicepresidente da «Liga Santaballesa».
Considerando que entre os obxectivos da «Unión Villalbesa y su comarca» figuraba a «axuda mutua», detrás da organización dos vilalbeses está a solidariedade dun grupo social unido polas orixes comúns. Por diversas testemuñas coñecemos que tanto a «Unión Villalbesa» como a «Liga Santaballesa» non permitirán que ningún emigrado ou descendente de emigrados, afiliado á sociedade e con fortuna adversa, se vise falto de socorro caso de precisalo. Sabemos pola «Liga Santaballesa» que as sociedades tiñan un auténtico seguro de enfermidade e de paro e que tamén axudaban na repatriación a quen o precisase. A axuda mutua foi de especial utilidade e demostrou solidariedade nos difíciles anos que seguiron a 1928, despois de que unha serie de tornados arrasasen a illa caribeña e logo de que a súa economía entrase na depresión que seguiu ó «Crac do 29».
É moi posible que a estas iniciativas non fose allea a ideoloxía masónica. Lamentablemente non puidemos dispoñer dos libros de actas e demais documentación que xerou «Unión Villalbesa y su comarca». Tampouco puidemos coñecer se esa documentación se conserva na actualidade, aínda que temos testemuños de que existía perfectamente conservada en 1963. Podemos observamos o retrato de Emilio Eimil na páxina anterior, así como o recorte de «El Eco» no que se lle dá a benvida.

Sobre o crime de Ladra. «El Eco» 30 de xullo de 1911. Con motivo de la causa que se sigue por el asesinato recientemente cometido en la Gándara del Barrazoso (Ladra), el juzgado de instrucción de esta villa ordenó se detuviese a los vecinos de la cercana parroquia de Pígara, Emilio Sánchez Rivera y Antonio Codesal, efectuándose la detención en Moraleja de en Medio (Madrid), donde se hallaban dedicados a las faenas de la siega. En esta causa se ha mostrado parte la viuda del asesinado, encargado la acusación al abogado don Victorino Tomé y al procurador don José Barreiro.

O nome do hospital. M. García Olano asina un comunicado en «El Eco de Villalba» dando contestación a outro que se publicara no no3 de «El Ratón» onde se acusaba á «Comisión Executiva do Hospital» de querer poñerlle ó hospital o nome de Conde Pallares. «El Ratón» consideraba o conde Pallares como un cacique conservador. Manifesta o membro da Comisión que pouco importa o nome que se lle dea a esta necesaria obra, senón que o interesa é recadar fondos para a mesma e que eses fondos queden en mans de xornaleiros da comarca. E se o que ambicionaba o director de «El Ratón» era ser membro da Comisión, gustosamente lle cedería o seu posto.

Doazón para o concurso de gandos. A «Liga Santaballesa de Educación e Instrucción» fixo doazón de 100 Pts con destino ós premios que se entregarían o 2 de setembro. O Concello de Vilalba aportou 150Pts.

San Ramón de 1911. As festas programadas están previstas para os días 30, 31 de agosto, 1 e 3 de setembro. Bombas de palenque, dianas e alboradas, paseo de moda, actuación da banda municipal, bailes e concurso de gando foron as actividades programadas e celebradas.

Quilón Quilónides. Era un dos pseudónimos que asina poemas satíricos en «El Ratón». Probablemente detrás estivese o propio Antonio Peña Novo. Atopamos este nome e personaxes na novela «Qvo vadis?» onde se describe como intrigante, pouco de fiar e falso, aínda que a si mesmo se definise como filósofo. Velaí unha das súas composicións:
Aquí como en París
es la gente de este pueblo
la peor de contentar;
por mucho que le concedan
ella aún quiere más.
Estamos en esta villa
mejor que en una ciudad,
y así y todo aún nos quejamos
de que nos gobiernan mal,
de que abusa de nosotros
la casa municipal,
de... que se yo que más cosas
oigo por ahí hablar.
... ... ...
Es cierto que carecemos
de guardia municipal,
que quien sostiene la música
es la vecindad,
que tenemos concejales
que apenas saben firmar,
que lo que alameda llaman
mas bien parece un corral;
pero a cambio de esto todo
allí dejan comerciar
a todas las sardineras,
con sardinas, claro está,
que despiden un perfume
y un olor muy... natural.
Y si es verdad que ignoramos
si hay sesiones o no hay,
en el concejo, a lo menos
se cree que las habrá;
ahora que si, secretas,
porque allí van a tratar
cuestiones “de orden interno,
del decoro o dignidad
del concejo” y en tal caso
trae la “Ley Municipal”
que ellas deben ser secretas;
y por allí se oye hablar
que referente al decoro
tienen mucho que tratar.

Quilón Quilónides


O alcalde de Xermade, Andrés Paz López, é un dos obxectivos preferidos das sátiras de «El Ratón». No seu número catro pregunta se pode saberse se celebra sesións, en que días, a que horas e, sobre todo, como, cando e onde as anuncia. Foi este un dos alcaldes máis lonxevos no cargo dos que se ten memoria, malia ser un home de moi pouca instrución, como se dirá máis adiante.

Hospital de Santa Catalina. «El Eco» 20 de novembro de 1911. Tuvimos en Villalba dos hospitales, el de San Lázaro... y el de Santa Catalina... En un libro de aniversarios, escrito en 1760, y que todavía se conserva en el archivo parroquial, se lee: “Los marqueses de Cañete, poseedores que fueron de la villa de Villalba y su condado, dejaron una casa en dicha villa, contigua a la iglesia parroquial para albergue de peregrinos, que es el hospital de Santa Catalina, así nominado, con sus ornatos para poder celebrar el santo sacrifico de la misa en él, con su esquiloncillo para convocar a los fieles; y fundaron juntamente un aniversario de misas, que se han de decir el día de Santa Catalina, una cantada y tres rezadas...”.
Este hospital fue vendido por el Estado con las rentas y censos que le pertenecían en 7.035 reales, y lo adquirió don Ramón de Silva y su esposa doña María Josefa Freire, en el año 1807, quienes lo demolieron y construyeron en su lugar una casa, que aún hoy existe en la plaza de la Constitución y que es propiedad de los herederos de doña Rosario Gesto. Del testimonio de las diligencias de subasta, tasación y remate que fue entregado a los compradores... obtenemos los siguientes datos:
...Que su actividad cesara y por disposición del prelado diocesano administraba las cortas rentas... don Juan de Meire... ...Que el perito nombrado para la tasación, Manuel Celeiro, lo describe así: ...sita en el centro de la villa y confinante con la plaza por la parte del mediodía, la cual es de bastante buque, construida a la antigua, con sus paredes de mampostería, su balcón hacia dicha plaza sobre columnas de cantería, escalera por afuera, sus dos puertas hacia la calle, la una por debajo del balcón hacia dicha plaza, la otra por el costado principal que dicen de Levante, y otra puerta que dicen a un pedacito de huerta de sembradura un tercio de ferrado de centeno poco más o menos que está por la parte de poniente de dicha casa circundado sobre si, cuya casa con sus oficinas altas y bajas, por estar muy deteriorada y por consiguiente ser de poca estimación... se tasa en la renta de 160 reales y como capital en venta en 3.000 reales.
Las rentas correspondientes al hospital las reguló el mencionado perito en 272 reales con 6 maravedíes cada año y valoró todo en venta en 6.004 reales y 14 maravedíes.
En los libros parroquiales consta el fallecimiento de algunos sujetos en este hospital. Un transeúnte de ignorado nombre en el año 1705 y otro en 1735; otra en 25 de febrero de 1738; dos alemanes en 14 y 25 respectivamente de marzo de 1738; un pordiosero en 1 de septiembre de 1749; en 1764 Pascual Castillone, siciliano que venía en peregrinación a Santiago; Alonso Zamora, soldado del regimiento León, en 3 de noviembre de 1773; Isidro Largo y Balbuena, cabo del regimiento de León, en 6 de noviembre de 1773; un desconocido en 1802 y Juan Cabaleiro en marzo de 1803.

Comisión Executiva do hospital asilo. Como xa se ían rematando os cimentos e o soleirado da obra, acordouse continuar a edificación por administración por ser máis beneficiosa para a seguridade e fermosura da obra. Tamén se acordou que o zócalo da parte frontal do edificio fose de cantería así como a cornixa do mesmo lado por ser máis airosa e de maior beleza.

Derrube da torre do castelo. «El Eco de Villalba» do 20 de novembro clama contra da idea de Valeriano Valdesuso de derrubar a torre do castelo. Prodúcese unha gran mobilización dos vilalbeses que ven en perigo o símbolo do seu patrimonio cultural. O asunto ten amplo eco na prensa local, provincial e rexional e deféndense os restos que quedaban do antigo castelo desde todos os ámbitos.
Reprodúcense e dáse noticias de artigos de «La Voz de la Verdad», de Lugo; «La Integridad» de Tui; «El Norte de Galicia», de Lugo; «Ecos de Puentedeume»; «Pensamiento Católico», de Mondoñedo; «La Voz de Vivero»; «El Noroeste», da Coruña; «Gaceta de Galicia», de Santiago; «La Voz de Galicia», da Coruña; «Las Riberas del Eo», de Ribadeo; «La Idea Moderna», de Lugo; «El Pueblo», de Santiago; «Diario Ferrolano»... Manter a torre resulta un asunto de honra para a xente de Vilalba. Días máis tarde o gobernador civil da provincia adoptou medidas para que nin se sacasen pedras nin se realizasen escavacións ata reunirse a Xunta Provincial de Monumentos. En decembro transcríbese un artigo de Villaamil y Castro (†) no que se aportan noticias sobre o castelo de Vilalba desde a súa fundación ata os tempos nos que el mesmo o visitou. Daquela describe entre outros aspectos, o escudo que viu sobre a porta de entrada no recinto, sostido por dúas figuras e coa inscrición: ANNO MCCCCLXXX (ano 1480).

As canterías do hospital. No mes de decembro a Comisión Executiva para a construción do hospital acordou contratar o arranque e transporte das pezas de cantería que se precisaban para a construción das esquinas e vaos. Obrigáronse Daniel López Corral e Rosendo Cal, veciños de Carballido e de Vilalba respectivamente, a poñer a pé de obra as canterías necesarias para la fachada, polo prezo de 3’50 Pts cada unha. Tamén se asinou un convenio con Marcelino Seoane Leiras, veciño de Román, para o subministro e colocación a pé de obra das pezas necesarias para la parte traseira e laterais da mesma polo prezo de 3 Pts cada unha.

Falta de fondos para o edificio do hospital asilo. Vista a necesidade de recursos económicos, a Comisión tomou a decisión de remitir circulares ós centros e persoas que se estimasen oportunos co fin de achegar recursos e poder continuar coas obras.
O Hospital asilo de Vilalba (7)
Pombo Mosquera, Xosé Antonio
Pombo Mosquera, Xosé Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES