Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Suso R. Arias, o mestre da luz

viernes, 07 de noviembre de 2014
Iluminador formado na prestixiosa firma ERCO pero anteriormente piloto de aviación, hosteleiro, productor..

Nado casualmente en Sevilla, os seus pais veraneaban na súa infancia en Vilalba.
Suso R. Arias, o mestre da luz
Hoxe traballador do AGADIC na sede coruñesa do Centro Coreográfico, ten realizado multitude de produccións e iluminacións para o extinto balé Rey de Viana e para o Centro Coreográfico Galego ademáis de iluminacións teatrais e de concertos de todo tipo de estilos musicais e dos máis coñecidos grupos estatais e mesmo internacionais. Goza duna ampla experiencia en produccións por numerosos países.

Desde hai 4 anos ten realizado o deseño lumínico para espectáculos coa empresa Dalleqlibras, desde unha performance no hotel Pachá de Ibiza, un espectáculo con láser multicor na inauguración do Equiocio 2011, a iluminación da Domus da Coruña contra a violencia de xénero, láser multicor na fervenza do río Belelle e na baía de Santa Cruz, o castelo de Moeche, os fornos da Pontenova, o novo concello de Lalín, a capela de San Roque en Sada, a casa escola habanera de Lanzós, a muralla do Parrote e San Carlos, Azcárraga, Dominicos, a entrada a María Pita na Coruña, o faro de Fisterra, a ponte peonil de Xubia e Narón, unha proxección en cortina de auga no festival do Norte, o 25 aniversario do Inef Galicia...

Tamén ten deseñado a primeira iluminación únicamente en led dunha ponte en todo o estado en Ames e outros traballos como o salón de actos do Inef, e deseños lumínicos para un paseo peonil nos Peares e outro na ponte da ría de Noia entre outros.

Di Suso que unha cousa é iluminar e outra moi diferente "alumbrar" e que neste país na maioría dos casos faise o segundo. Contrario á maior parte da iluminación pública "amarillenta" por non corresponderse coa natureza da luz galega e a moita estética imperante en cascos históricos, defende que o iluminador deseñe e que os instaladores instalen, algo que normalmente non sucede e de ahí o malgasto de enerxía e os excesos lumínicos existentes.

Ao tempo, lembra que a mellor iluminación é a da propia natureza.

Ten realizado charlas de iluminación LED por tódalas delegacións do colexio de arquitectos de Galicia e impartido cursos.

Pero Suso, ademáis da súa cualificación técnica e da experiencia, é fundamentalmente un artista, un creador, un sabio nunha disciplina que é, tamén, artística, a iluminación.

Na teoría e na práctica, Suso R. Arias é sen dúbida, o mestre da luz de Galicia.
Suso R. Arias, o mestre da luz
de Guizán, Antón
de Guizán, Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES