Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A tola de Benigna

lunes, 03 de noviembre de 2014
Miren que xa vai tempo que non vexo á ·miña curmá Benigna. iAi! que tala de muller. ¡O demo me leve' as cousas que lIe pasan a ela non ile pasan a ninguén, diso poden estar seguros.

Contoume Demetrio, o taxista, un medio parente da súa nai, que un día houbo de levala a Santiago de Composte!a no seu taxi, e a que lIe organizou na viaxe, seica foi a desfeita.

Resulta que ela xa lle tiña díto moítas veces que cando lIe cadrara ir a Vigo -que vai con moita frecuencia-, que se facía o favor de deixala en Santiago na casa do seu cuñado Fermín, que vive alí dende hai anos.

Demetrio contestoulle que non tiña inconveniente, pois cadráballe de paso, e agora, co da autoestrada, chégase deseguida. E coa mesma, quedaron citados un día para as sete da mañá diante da casa do taxista. Cando ese día
baíxou Demetrio ás sete en punto para collelo taxi, que o tiña gardado no alboio, xa estaba alí a esperalo a mina curmá Benigna. Viuna moi caladiña, sentada a carón de varios bultos tapados con panos negros, e a el chamoulle a
atención todo aquel equipaxe que levaba. Preguntolle rindo:

-¿Seica pensas facer o traslado para a capital? ¿Que levas logo aí, o comedor ou o dormitorío?
-Non. home -dixo ela-, e que como vou pasar alí uns días, levo alguhas cousas que non podía deixar na casa. Pero ti non te preocupes, que eu acomodo todo no asento traseiro e non te vai molestar nada. Ti tranquilo.

Deixouna que amañara logo ó seu aire, mentres botáballe unha allada ó aceite e máis a auga. Cando xa tivo o coche a punto, e Benigna xa tamén tiña acomodado todo o seu equipaxe, ela sentou no asento dianteiro.

Desequida, co coche en marcha, miña currná, sen mediar palabra co outro, fixo o sinal da cruz, saco do peto un rosario e coa mesma púxose a pregar moi devotamente. Demetrio miraba de reollo de cando en vez, pois
aquel rezo non remataba nunca. Chegou un momento en que xa non puido máis e preguntoulle:

-MIra, perdoa que interrumpa os teus rezos, pero tesme intrigado co que levas neses bultos tan tapados. Por máis que discorro non sei o que pode ser ¡que o demo me leve'.

Ela pensouno un pouquifio antes de contestarlle. e cando o fixo, fíxoo con outra pregunta:
--¿A ti gústanche os animais?
-Gústanme -dixo el- pois se non me gustasen ía listo, porque na casa temas gando, coellos, galiñas, can e máis gato, e non temos ratos porque o gato non lles deixa estar con nós, que antes de telo paseaban pola casa como
se foran inquilinos de pago.

- Pois entón, se non che importa -dixo ela- dentro dun ratiño, cando remate de reza lo rosario, paras por aí nalgún sitio, porque vouche dicir a verdade. O que levo atrás son uns paxariños que non ía deixalos sós na casa para que
morreran de famo. Agora é pronto para destapalos, porque
aínda é noite e están a durmir os pobriños. Pero axiña amence, e paras logo un momentiño ó pé da gabea para os desaturar.

Despois de lle confesar isto a Demetrio, sen deixarlle opinar, púxose outra vez aos rezos, e o pobre foi indo sen dicir nin chío, nin poñe-Ia radio para non interrumpila.

Cando a ela lle pareceu ben, dixo ó taxista que podía parar aló, ó pé da gabea, e o home como un bendito que é, fíxolle caso. A mifia prima baixou do coche, abriu a porta traseira polo lado que non debía, e sen pechala, púxose a
remexer dentro destapando os bultos, que viñan ser unhas gaiolas cheas de paxaros.

Nisto, que aparecen os de tráfico -¡miren que punteríal=-, paran cabo deles e chámanlle a atención ó taxista por ter aquela porta aberta do lado da estrada como esta prohibido.

A Benigna sentoulle mal a intromisión, e viuse na obriga de saír na defensa do seu acompañante. i Nunca tal fixera!, porque os paxaros, ó ver o barullo que metía a súa ama, alborotáronse eles tamén e aquilo polo visto era como estar
na feira e o ruido das barracas. Pois non vaian pensar que levaba catro paxariños naquelas catro ou cinco gaiolas, ¡Era boa! Levaba nada menos que trinta e sete periquitos en total. Como !les conto..

O Demetrio, que non esperaba tal cousa, quedou de pedra sen saber que lles dícir ós de tráfico, e os outros tampouco podían falar nin oír, cos berros que metían aqueles animais. En vista do cal os policías, vendo a cara
do taxista deulles pena, e dixéronlle:

··-Mire, lárguese daí, faga o favor, e non o imos multar porque xa ten bastante co panorama do coche.

Logo deixárono ir con vento fresco. Pero non rematou aquí o asunto, porque aínda segue, non vaian pensar. ..

Cando perderon de vista ós policías, a miña curmá ·---que non para, é como se tivera formigas no cú- pediulle a Demetrio que buscara un campillo na beira da estrada para se baixar do coche un segundiño e remata-lo que estaba a
facer cando os detíveron. El, que ten moi bo carácter, díxolle tamén, e fíxoa boa ... iPola Virxe Santísima!

Atoparon logo un campiño, o home desviou o coche, Benigna, para acomodar ben as gaiolas, qultou dalí outros bultos, pousounos no chan, e ... ¿a que non saben o que era?

Pois levaba iasí Deus me salve! un saco cun gato dentro que polo visto lle chamaba Raniero-¡que morra se non mo contou Demetriol- e noutro saco levaba un loro que lle chamaba Pepe e tamén un acuario grande, cheo de auga
con varios peixes dentro, que eses non tiñan nome.

Ó velos xa fóra do coche, dixo que lle daba pena telos tan apertados no saco, e non se lle ocurriu outra cousa que afrouxarlles cordel, tanto, que primeiro escapoul!e o loro voando ata unha árbore, e mentres corría berrando por el
que se mataba, escapoulle o galo corre que corre campo adiante.

Aquilo, ique me coma San Pedro! se non tivo que ser de película, e os ollos de Demetrio tiñan que estar coma pratos.

Nunca en tal se vira o pobre, diso estou seguro. iAi! Alí estiveron el e mais ela toureando a Raniero case dúas horas, un por un lado e él outra polo contrario, ata que por fin agarrouno el con moito traballo. Pero terminou escarallado, o infeliz.

Agora faltábales Pepe, que esa tamén ia ser boa, porque o desgraciado seguía subido na árbore mirando para os dous coma se fixera risa deles. E a mina currná púxose a chorar e a dicirlle ó taxista:

-iAi, Demetrio! Como che vou pagar isto que estás a facer por min ... Estragueíche a víaxe e agora non poido marchar daqui sen levarme a Pepe, porque morre de fame e máis de frío o pobriño. ¿Non ves que non está afeito a
estar libre? ¿Como imos facer algo? ¿Ti tés alqunha idea? ¡Pola rúa nai!

Pero Demetrio non tiña máis idea que liscar dalí dunha vez para chegar canto antes a Vigo, xa que din que ten aló un apaño E non era cousa de perde-lo tampo cos animais eses.

E menos mal que estando nestas, pasou xunta deles un rapaz novo, pero con moita estatura. E tan disposto, que gracias a el consequiron colle-lo animal e metelo no saco.

Despois, coa mesma, montaron no coche, saíron e liscaron para diante que xa era logo a hora de xantar.

Pois non pensan que cando levaban mais dunha hora de camiño, di que a miña curmá deu un respingo no asentó e díxolle ó taxista:

- ¡Se souberas do que me estou a recordar ... ! Déixamos os peixes no campo. ¿Ouen os vai recoller agora? Temos que da-la volta.

Aquilo xa foi por demais ieh! Se son eu íame alporízar, pero Demetrio ...
-¡Ai, muller! Adiviñáchesme o pensamnento -dixo con chanza-. Iso mesmo estaba a pensar eu agora, mira ti por onde ...

-¿Dilo en serio? -alegrouse ela.

-¿Seica me tomache-Io número cambeado, rapaza?, -riuse o taxista-. Pois esquénceo, mina filla, e ponte a pregar outro rosario que non che vai facer mal. Porque os peixes van recollelos os gatos, xa que ti e máis eu ... ¡arre
demo se o imos facerl

E coa mesma, pisou o acelerador. i Pero, que raio de muller! ¡Que o demo me leve!.. ¿E logo non é certo?
Olavide, Maruxa
Olavide, Maruxa


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES