Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lembrando a Carlos Casanova

viernes, 03 de febrero de 2006
Lembrando a Carlos Casanova IN MEMORIAM (24.12.05)

Dende a túa Sacra morada,
verás que segues querido,
en almas sempre molladas,
por prantos moi aflixidos,

Presenza en mentes querida,
moi sumamente lembrada,
en almo á alma cinguida,
no corazón carexada,

I
Verás como pasan os días,
que da Navidade gozarmos,
e ti, na Sacra Estadía,
cos anxos e mailos Santos,

Verás á túa terra querida,
vestida de ourivería,
en níveo manto lucida,
para os moi Celestiais Días,

II
Vividos sen a túa presenza,
esencia de innata dozura,
de letras en compracencia,
de embastecida cultura,

Folguexando de impolutos,
hálitos do teu corazón,
reverberando de puros,
no inherente amador don,

III
Neste Celestial Día,
mándoche moi fidedigno,
á túa Sacra Estadía,
meus hálitos en cariño,

Cariño que moi seguro,
no teu corazón amecerías,
na fervenza doutros puros,
de fiei amizades floridas,

IV
Pola túa celme maneira,
por canto de ti me dicían,
penso que na primavera,
dona da amizade sería,

Mais... o chou el indolente,
levouse os meus desexos,
das maneiras deferentes,
non así, os meus anceios,

V
De enxergar que na morada,
a carón dos escollidos,
en magnánima mirada,
chegarás aos recónditos,

Ocos do meu corazón,
a onde só os bos amigos,
os acolle con fruición,
en agraciados cariños,

VI
Na compaña do teu amigo,
lembrado a Manuel María,
da Chaira egrexios fillos,
en Sagrada Harmonía,

Verás nas letras sinceras,
a pena por non coñecerte,
tal cal como eu quixera,
das mans cadora celestes,

VII
As de María Teresa,
persoa de suma lisura,
puridade en mans tersas,
luminosas de dozura,

Persoa achegada a Deus,
Xosé, Xesús e María,
era, e é para os dous,
halos de vera alegría,

VIII
Na Terra Chá , o teu berce,
berce que te viu nacer,
acongoxadas amecen,
mestas penas a florecer,

Nas entrañas da terra,
natura por ti adorada,
que de aledada quixera,
seres de novo cantada,

IX
Cantada nas túas palabras,
en belas letras donosas,
a veces algo amoladas,
polas feituras dolosas,

Cantada moi docemente,
na túa puridade pintada,
levada ela deferente,
como era sendo levada,

X
Teu transo sen dicir ¡adeus!,
así o quixo María,
tamén o quixo Deus,
para apreixarte en delicia,

Deixándonos amargura,
coa nobreza que abrollabas,
a traveso da lectura,
das túas nídeas palabras,

XI
Verás sinceros amigos,
dos moitos que te alonxaches,
na fiel lembranza consigo,
vizoso como alugaches,

No corazón enfeitando,
co máis enxebre esmero,
nese lugar escolmado,
tan só a cariños veros,

XII
Verás pegadas deixadas,
vastas pasadas floridas,
docemente acariñadas,
polas mans cadora amigas,

Verás tamén sentimentos,
vencellados ás entrañas,
a semellanza en paneiros,
gorindo nas túas palabras,

XIII
Paseniño se achegando,
vaguexa o teu cabodano,
de bágoas rebentando,
nas doíñas do rosario ,

Nas mans quedas ó ceo,
en soerguidas miradas,
tentando a través do azul veo,
verte na Sacra Morada.
Arias Saavedra, Ana
Arias Saavedra, Ana


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES